Coincidindo coas II Xornadas de portas abertas nas Rutas dos viños de Galicia, o concello de Vedra organiza pola súa Ruta do Viño Rías Baixas, Subzona Ribeira do Ulla, as II Xornadas enogastronómicas, que contan cun programa especial gratuíto:
“Ruta guiada por Vedra”
Visitando: Destilería Aguardientes de Galicia, Coto e Ponte
Colgante de Ximonde, Adega Valdés, Ponte Gundián, Pazo de Santa Cruz de
Ribadulla e Pazo de Galegos.
A visita desenvolverase en xornada de mañá e de tarde. Os participantes
que o desexen poderán gozar dos menús que o Restarurante Villa Verde, adherido
á Ruta do viño de Vedra, propón para as xornadas.
Reserva de prazas no tel. 981 814612 ou en
casadospeons@concellodevedra.com ata o 30 de maio.
Punto de encontro: Centro de Dinamización e Promoción Municipal
“Casa dos Peóns” ás 11:00 h.
GPS: 42.790309 -8.444015
No hay comentarios:
Publicar un comentario