Se te unes ás II
Xornadas poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes que
ti escollas. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a primeira fin
de semana de xuño*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha
degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira
Sacra ou Valdeorras.
Tamén atoparás unha serie de restaurantes onde poderás
xantar aproveitando esta oferta especial. Os menús compoñeranse de primeiro e
segundo pratos, maridados ambos con viños da Denominación de Orixe na que te
atopes. O prezo final, con ive, será de 25 € e levará incluída a sobremesa. Os
restaurantes adheridos a esta promoción ofrecerán ademais menús infantís para os
nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos. O prezo destes menús
infantís será de 10 € (ive incluído).
En cada Ruta poderás atopar ademáis un
programa especial de actividades para esta fin de semana: haberá visitas guiadas
a cascos históricos, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co
mundo do viño. O sábado día 1 poderás gozar dun concerto musical en cada unha
das Cinco Rutas dos Viños galegas, exclusivos para este
evento.
*
Horario de atención ao público.
Realizaranse catro
visitas guiadas o sábado e unha o domingo, no seguinte
horario:
Sábado: ás 11.30h
e ás 13.00h / ás 17.00h e ás 18.30h
Domingo pola mañá:
ás 12.00h
Recoméndase
confirmar a visita vía telefónica coa adega
correspondente.
Máis
información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario