Coa sinatura formalízase a existencia dun Grupo de Traballo de varios
concellos, que comezou a reunirse informalmente a comezos do mes de marzo.
Dende entón o grupo aumentou o seu número ata os dezanove concellos actuais,
que celebraron a sinatura cunha selección de produtos grastonómicos
característicos das súas zonas. Á sinatura asistiu o presidente da Deputación
da Coruña, Diego Calvo.
O Grupo nace xa cun borrador de cronograma de actuacións para a o
periodo 2013 – 2014, definido nas reunións previas en base aos traballos que se
están realizando nas tres comisións técnicas creadas a partires da análise dos
recursos turísticos cos que se conta: A pesca e o turismo fluvial, Gastronomía
e Paquetes. Posteriormente, iranse creando novas comisións para estudar outras
temáticas de interese evidente para a Área de Santiago, como a dos Camiños de
Santiago ou o aproveitamento das múltiples rutas de sendeirismo que hai na
zona.
O Grupo Área Santiago tamén estableceu que un dos primeiros proxectos
que desenvolverá será: “A pesca como recurso turístico”. Pártese de dous
feitos: por unha banda o territorio do grupo está fondamente marcado por dous
dos ríos máis importantes de Galicia, o Ulla e o Tambre, así como polos seus
afluentes; por outra banda, a pesca ten demostrado noutros territorios, como
Canadá, Irlanda, ou países do leste de Europa, que pode ser un recurso
turístico con gran atractivo.
Outra das iniciativas que se consideran prioritarias é a elaboración
dun mapa de recursos turísticos, que sirva para poder informar sintética e
visualmente dos atractivos que se atopan nos diferentes Concellos do grupo, que
en moitos casos son descoñecidos tanto para os visitantes, como para os propios
residentes nos Concellos e mesmo para o propio sector turístico.
Tamén se está traballando na actualización de eventos de interese
turístico da Área Santiago na axenda da web www.santiagoturismo.com,
que no ano 2012 sumou máis de medio millón de visitas e preto de tres millóns
de páxinas vistas. Estes eventos de interese turístico estanse actualizando
ademais a través da conta en Twitter @santiagoturismo, empregando o hashtag
#muycercadeSantiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario