viernes, 20 de febrero de 2015

XX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA


Dende o 25 de xaneiro, cun concerto de música sacra da agrupación “Vox Stellae” ata o 7 de marzo cunha excursión ao pazo de Rubiáns e á Illa de Cortegada, a programación cultural da Asociación amigos da Camelia do Val do Ulla non para. 

Esta fin de semana chega o seu prato forte coas súas XX Xornadas nas que haberá actuacións musicais, teatro de rúa, a presentación do libro dos Bolechas en Vedra...

Dende logo a ocasión é inmellorable para pasar un día inesquecible coa camelia de protagonista en todas as súas manifestacións:

- Os traballos ornamentais realizados por 12 asociacións e colectivos diferentes de toda Vedra, que enchen os seus expositores de colorido, creatividade e orixinalidade sempre coa camelia de elemento común.

- A exposición de flor, como expoñente da variedade e calidade coa que conta a camelia en Vedra.

- Os centros de camelia, como outra variante da beleza e riqueza desta flor...

- A exposición de todos e cada un dos debuxos presentados no 15º Concurso de Pintura Infantil da Camelia,  De entre os cales resultaron premiados os seguintes participantes: 

Categoría A ( 3- 6 anos)
1º Premio: Lois Barreiro Carbia. 5 anos. CEIP Ortigueira.
2º Premio: Lena Testa Flaux. 3 anos. CPI Vedra.
3º Premio: Xiana Raviña Rosende. 4 anos. CEIP Ortigueira.
Categoría B ( 7- 9 anos)
1º Premio:  Silvia Tembra Aldonza. 9 anos. CPI de Vedra.
2º Premio:  Martina Sanjuas Casal. 7 anos. CPI Couto Orza.
3º Premio:  Sául de la Fuente Castro. 9 anos. CPI de Vedra.
Categoría C ( 10 - 12 anos) 
1º Premio: María Filloy Seijo. 11 anos. CEIP Ortigueira.
2º Premio: Iria Otero Álvarez. 11 anos. CEIP Ortigueira.
3º Premio: Sara Tembra Aldonza. 12 anos. CPI de Vedra.

E dende logo pódese aproveitar a ocasión para inscribirse nas dúas actividades que a Asociación da Camelia propón e que pechan a programación destas XX Xornadas Arredor da Camelia:

- O 5 de marzo unha charla – coloquio sobre “os principais problemas e enfermidades da camelia” impartida Pedro Mansilla responsable da Estación Fitopatolóxica do Areeiro de Pontevedra. 

- O sábado 7 de marzo unha “excursión ao Pazo de Rubiáns e á Illa de
Cortegada” unha proposta do máis interesante para as persoas amantes da
camelia, da historia e da beleza paisaxística. 

martes, 17 de febrero de 2015

V RUTA BTT e I TRAIL DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

Na mañá do pasado domingo 15 de febreiro desenvolveuse no Concello de Vedra a V edición da ruta Cicloturística en Btt da Camelia polo Val do Ulla e a I ruta Trail da Camelia


V RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA


Na ruta cicloturística 350 participantes percorreron 39 km da xeografía do Concello de Vedra, desafiando ao mal tempo e gozando dunha excelente mañá de deporte e de gusto pola paisaxe.

Esta quinta cita reuniu o maior número de participantes posible, pois alcanzouse o límite de inscritos uns días antes de rematar o prazo e tivo que ser ampliado en 50 mais debido a demanda.



Todo un reto para unha proba que naceu xa fai cinco anos ca intención de mesturar deporte e paisaxe a través da programación das Xornadas Arredor da Camelia que terán no vindeiro domingo 22 de febreiro o seu prato forte.

Esta actividade  non foi competitiva, aínda así  cabe salientar os tres primeiros ciclistas en cruzar a liña de meta:
Categoría masculina:
- 1º clasificado: Darío Manuel Otero Pampín (01:48:03)
- 2º clasificado: Tino Puga Brea (01:57:46)
- 3º clasificado: Antonio Casal Martínez (02:00:11)
Categoría feminina:
-         1ª clasificada: Silvia Blanco Dosil (02:18:19)
-         2ª clasificada: Sonia Costoya Varela (02:30:43)
-         3ª clasificada: Anuska Vilas Pérez (02:34:53)

CLASIFICACION COMPLETA BTT:

Tras a proba a organización, a través do alcalde do Concello de Vedra Carlos Martinez Carrillo, entragou os seguintes trofeos:
-         A club máis lonxano: Club do Mar Pulpeiro BTT – Mugardos
-         Club máis numeroso: Club Rodando Bike
-         Ao participante  masculino de maior idade: Bernardino Otero Bralo
-         Á participante feminino de maior idade: Silvia Calvo


I RUTA TRAIL DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA
Este ano como novidade e completando esta xornada deportiva organizouse a Iª Trail da camelia, na que 117 corredores e corredoras atravesaron a pé 42 km do concello de Vedra.
Esta experiencia foi superada con éxito polas persoas participantes que ao rematar a proba falaban da súa dificultade e beleza por igual.




No I TRAIL DA CAMELIA VEDRA 2015 acadaron trofeo os tres primeiros clasificados en cada categoría:





Categoría masculina:
-         1º clasificado: Luís Castro Calvo (03:06:12)
-         2º clasificado: Lois Rodríguez Boga (03:09:39)
-         3º clasificado: Xosé Antón Barreiro (03:25:19)
Categoría feminina:
-         1ª clasificada: Victoria Fernández García (04:47:18)
-         2ª clasificada: María Fernández Vázquez (04:47:48)
-         3ª clasificada: Fátima López Dopico (05:20:49)

CLASIFICACION COMPLETA TRAIL:











Ao finalizar as probas e xa compartindo a experiencia entre todos, e acompañados por un merecido e reparador ágape, a organización celebrou varios sorteos entre todas as persoas participantes empregando o seu número de dorsal.
Listado dos premiados nos sorteos:
-                     1 CEA PARA DÚAS PERSOAS NUN RESTAURANTE DO CONCELLO:
Juan Manuel Gontan Otero
-                     1 NOITE DE ESTANCIA PARA  DÚAS PERSOAS NUNHA CASA RURAL:
Manuel José Caramés
-                     1 LOTE DE PRODUCTOS DA ULLA:
Oliver Regueiro Pena
-                     1 LOTE DE PRODUCTOS DA ULLA:
Benigno Varela Loureda
-                      1 LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DONADO POR 3&RUN:
Jose Enrique Fernandez Araujo

-                     1 LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DONADO POR 3&RUN:
Manuel Vega Fraga
-                     1 LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DONADO POR OLIVEIRA BIKE:
Ait Rahou Lahcen

-                     1 LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DONADO POR OLIVEIRA BIKE:


Carlos Perez  Fernandez 

-                     1 KIT DE MATEMENTO DA MARCA FINISH LINE DONADO POR MY TOP BIKE, EL OUTLET DEL CICLISMO:
Oscar Fernandez Gonzalez

-                     1  AXUSTE COMPLETO DE BICICLETA NO TALLER  DE MY TOP BIKE, EL OUTLET DEL CICLISMO:
Miguel Angel Martinez Vieiro

-                     1  AXUSTE COMPLETO DE BICICLETA NO TALLER  DE MY TOP BIKE, EL OUTLET DEL CICLISMO:
Francisco Javier Dopico Lopez

-                     1  AXUSTE COMPLETO DE BICICLETA NO TALLER  DE MY TOP BIKE, EL OUTLET DEL CICLISMO:
César Fernando


A organización agradece a implicación de voluntarios e entidades que de moitos xeitos axudaron e contribuíron ao correcto desenvolvemento das probas que agardan volver a repetir e mellorar na seguinte edición, sen eles non sería posible.




martes, 10 de febrero de 2015

ENTROIDO MUNICIPAL DE VEDRA

BASES DOS CONCURSOS DE DISFRACES
ENTROIDO MUNICIPAL 2015
CATEGORÍA DE CARROZAS
Requisitos: Ter unha temática, unha plataforma móvil e estar formada por un mínimo de 8 persoas.
1º clasificado: 100 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 100 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

PARRANDAS CANTAREIRAS
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e contar con música e cantares.
1º clasificado: 100 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 100 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

COMPARSAS
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e ter unha temática.
1º clasificado: 70 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 70 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

DISFRACES EN GRUPO
Requisitos: Ter entre 3 e 7 integrantes de calquera idade.
1º clasificado: 40 € e unha dúcia de chourizos.
2º clasificado: 40 € e un monllo de grelos.

DISFRACES EN PARELLA
A mellor parella de disfraces de 10 a 16 anos: Un agasallo.
A mellor parella de disfraces de máis de 16 anos: Unha cea para dúas persoas.

DISFRACES INDIVIDUAIS
O mellor disfraz de 10 a 16 anos: Un agasallo.
O mellor disfraz de máis de 16 anos: Unha cea para dúas persoas.

*TODOS OS NENOS E NENAS DISFRAZADOS DE ENTRE 0 E 10 ANOS
RECIBIRÁN O SEU AGASALLO DE PARTICIPACIÓN.
+ info no teléfono 981 814 691 ou no correo cultura@concellodevedra.com

martes, 3 de febrero de 2015

PROGRAMA UN PASO MAIS

O Concello de Vedra aposta por unha opción diferente e innovadora para persoas emprendedoras.   O Programa un paso máis

Onte luns 2 de febreiroe contando coa presencia do alcalde Carlos Martinez Carrillo Vedra deu o primeiro paso deste “Programa de dinamización do emprego e de melloras das empresas locais”.  Tratouse dunha primeira toma de contacto deste servizo de asesoramento para persoas emprendedoras e/ou con ideas de negocio por desenvolver.

Tratárase dun programa personalizado de seis meses de duración e que se fundamentará en catro liñas de acción:
-         Formación e técnicas de coaching.
-         Consultoría individual e de grupo.
-         Seguimento personalizado.
-         Análise doutras iniciativas xa consolidadas que serven de exemplo e referencia.
O obxectivo é conseguir orientar e facilitar a creación de novos negocios e empregos en Vedra e da xente de Vedra, ademais de servir de impulso para todas esas ideas novas que sempre custa despegar e farase dunha maneira directa, individual, próxima e continuada.

É unha aposta diferente a todas as concibidas con anterioridade a as expectativas son a priori moi positivas tanto para a organización como para as 11 persoas que tiveron onte o primeiro contacto coa acción. A idea e seguir sumando ata acadar o obxectivo das vintecinco prazas que poden participar deste proxecto, por esta razón dende o departamento de emprego do concello instase a toda persoa con interese de emprender, con ideas orixinais e novidosas a poñerse en contacto xa ben a través do teléfono 981 814 692 ou no enderezo electrónico alcaldia@concellodevedra.com