miércoles, 31 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE NADAL DA ASOC. CULTURAL SAN CAMPIO

4 de XANEIRO

Como xa é tradición ó longo da historia da Asociación vense facendo o festival de nadal que pechou cada ano con sorrisos, bailes, cantares e moito máis.

OPERACIÓN KILO!!!
Recollida de alimentos
(Serán entregados ós Servizos Sociais Municipais para a súa distribución


jueves, 25 de diciembre de 2014

CONCERTO DE NADAL

A Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla trae este nadal o seu xa tradicional Concerto de Nadal.

DATA: domingo 28 de decembro
HORA: ás 19:00 h.
LUGAR: Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla


lunes, 22 de diciembre de 2014

LUDOTECA DE NADAL


Calendario: 22, 23, 26, 29, 30 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro
Horario: de 8:30 a14:30
Ven a gozar dos obradoiros de nadal e xogos que temos preparado para os mais cativos.
Información: 660395674

CANTARELAS DE NADAL

Cando? 22 DECEMBRO. 
A partir das 19:30. Saída da Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón

Acompaña ós grupos de música da Asociación pola aldea a facer cantarelas de Nadal .
Pandereteiras Dedaleiras, Os Campiños, Os Laxeiriños…e ti!!
¿Vas faltar?

CAMPAMENTO RURAL DE NADAL


NON TE ABURRAS NAS TÚAS VACACIÓNS DE NADAL
• DÍAS 22, 23, 24, 29, 30, 31 DE DECEMBRO
• HORARIO: 10:00 A 14:00
• ACTIVIDADES: TEATRO, OBRADOIRO DE CINE, CURSIÑO DE COCIÑA “MASTERCHEF”, OBRADOIRO DE DECORADO DE NADAL, MEGACONSTRUCIÓNS…
• CUSTO 
SOCIOS: GRATUITO (NON INCLÚE MATERIAL)
NON SOCIOS: 30 € MATERIAL INCLUÍDO

Máis información e inscricións: 658046008

BO NADAL


miércoles, 17 de diciembre de 2014

II TROFEO DE NADAL DE JUDO CONCELLO DE VEDRA




FESTIVAIS DE NADAL

 CEIP ORTIGUEIRA
 
Día: xoves 18 de decembro
Hora: de 15:00 a 17:00 h.
Lugar: Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla

 CPI PLURILINGÜE DE VEDRA

Día: venres 19 de decembro
Hora: ás 10:00 h.
Lugar: Centro Sociocultural da Terceira Idade

 CRA BOQUEIXON - VEDRA

Día: venres 19 de decembro
Hora: ás 16:30 h.
Lugar: Casa da Cutura de Camporrapado


Obradoiro Activa “Emprendendo dende a rede”


Obradoiro sobre os diferentes recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer os teus proxectos.
Contidos:
  • Emprendemento dende os blogs
    • Presentacións de diversos blogs
    • As claves dun blog
    • Decálogo dun blogger
  • O sistema de financiamento de “Crowdfunding”.
    • Como vender o teu proxecto
    • Páxinas temáticas
    • Packs e Mecenas
Día: Venres 19 de decembro de 2014
Hora: 20:00 h.
Lugar: Telecentro – Biblioteca Municipal


Máis información e inscrición: 981 814 691

viernes, 12 de diciembre de 2014

EIM, FESTIVAL DE NADAL

A Escola Infantil Municipal de Vedra organiza o seu FESTIVAL DE NADAL

DÍA: venres 12 de decembro
HORA: 17:30 h.
LUGAR: Casa Cultural de Santa Cruz de Ribadulla

jueves, 11 de diciembre de 2014

Galiza B/N. 1ª EXPOSICIÓN COLECTIVA

.
Estará en Vedra ata o 2 de xaneiro
Lugar: Museo Paz Camps

Horario: xoves e venres de 19:00 a 21:00 horas e sábados de 11:30 a13:00 horas.

Festivos Pechado (25 de decembro e 1 de xaneiro)

Ademáis os días de obradoiros a exposición estará aberta durante o seu horario.

OBRADOIRO: FACEMOS ADORNOS DE NADAL

O Colectivo 15885 organiza un novo obradoiro  de artes plásticas, esta vez:

"Facemos adornos de Nadal" con Elena Cortés.

1ª Quenda: 17:30 a 19:00 horas 

(nenos e nenas de 4 a 7 anos)
** GRUPO MÁXIMO DE 8 PERSOAS
2ª Quenda de 19:00 a 20:30 horas 
(nenos e nenas de 8 a 2 anos)
** GRUPO MÁXIMO DE 8 PERSOAS

LUGAR: Museo Paz Camps
INSCRICIÓNS: 981814691


OBRADOIRO DE CENTROS DE NADAL

Hoxe xoves día 11 de decembro, no Centro Sociocultural da Terceira Idade ás 20:15 horas, teremos:

OBRADOIRO DE CENTROS DE NADAL

Impartido por Margarita Devesa Cardelle.

Non deixes pasar esta oportunidade para adquirir estas habilidades decorativas!!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 18 de noviembre de 2014

VIII XORNADAS DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA. VEDRA EN CIENCIA 2014

 


“Somos auga”

FUNDAMENTACION
Esta nova edición do programa Vedra en Ciencia  plantexase no marco da Década da Auga, 2005-2015: Decenio Internacional para a acción da “AUGA, FONTE DE VIDA”  que pretende contribuír ao aumento do coñecemento da cultura científica da poboación en torno a un ben tan importante como a auga.

A auga é un elemento esencial para manter as nosas vidas. O acceso a auga potable reduce a expansión de moitas enfermidades infecciosas. Necesidades vitais humanas, como o abastecemento de alimentos dependen dela. Os recursos enerxéticos e as actividades industriais que necesitamos tamén dependen da auga.

A auga participa de cada proceso da nosa vida cotiá. Esta presente na terra, na atmosfera, nos seres vivos, nas plantas,… a súa presenza é vital non solo como elemento constituínte senón tamén como medio para obter outros produtos.

Entre os seus diversos usos atopamos que é indispensable na agricultura, na gandería, na industria, como fonte de enerxía, nos fogares.... é fundamental para a vida, e ao mesmo tempo é un recurso fráxil e vulnerable que debemos coidar e usar de maneiras sostibles e duradeiras no tempo.

Pretendemos crear un foro de ideas sobre o inmenso e ao mesmo tempo fráxil que é este recurso para a humanidade e para o medio que nos rodea. Esperamos que Vedra en Ciencia 2014 se presente como un lugar de encontro para o intercambio de propostas, proxectos e coñecementos para o ben de tódolos  participantes e do medio ambiente que nos rodea.


lunes, 10 de noviembre de 2014

Entretempo de outono en Vedra

 Esta pasada fin de semana Vedra desenvolveu o seu programa de Entretempo de Outono.
A tarde do venres no Museo Paz Camps foi tarde de marionetas cun obradoiro desenvolvido por dúas integrantes do colectivo 15885 (Esmeralda e Elena) que cun grupo de 20 nenos e nenas pasaron unha tarde do máis creativa.

Ás 21 h na biblioteca de Vedra chegou o momento do inicio das xornadas micolóxicas organizadas coa colaboración da Asociación Medioambiental AMABUL, cunha charla formativa sobre “Introducción á micoloxía. Cogomelos e  sostibilidade” dirixida polo biólogo Borja Gómez Prado e na que participaron arredor de 40 asistentes.

Estas xornadas serían               complementadas na mañá do sábado cunha saída polos montes de Vedra, que desluciu a causa das malas condicións metereolóxicas.

  

E no serán do sábado o centro sociocultural acolleu o Magosto Municipal, no que non faltaron por suposto as castañas, pero tamén foron protagonistas os doces caseiros presentados a concurso.
En total foron 14 doces que arroupados por catro mesas doces de outros tantos establecementos de Vedra que fixeron as delicias das persoas asistentes.
O xurado tivo unha difícil tarefa mais este foi o seu resultado:
3º premio: María Rosa Nodar cunha torta de mazá.
2º premio para Emilio Barros cun biscoito de chocolate ao viño tinto.
1º premio para Cándida Fernández Pazos

O baile e a festa acompañaron a esta iniciativa arredor das castañas e deste tempo de outono!!

viernes, 7 de noviembre de 2014

XA ESTAMOS NO ... ENTRETEMPO DE OUTONO


VENRES 7 DE NOVEMBRO

* ÁS 17.30 H OBRADOIRO ARTÍSTICO CO 15885
... Estreamonos coas marionetas da man de Elena e Esmeralda, do colectivo 15885.

*ÁS 21.00 H CHARLA MICOLÓXICA NA BIBLIOTECA DE VEDRA
Iniciativa organizada pola Asociación Medioambiental AMABUL

SÁBADO 8 DE NOVEMBRO:
- Ás 10.00 H  da mañá SAÍDA MICOLÓXICA, punto de encontro no pavillón de Vedra

... POLA TARDE:
... MAGOSTO MUNICIPAL NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA

HABERÁ:
- CONCURSO DE DOCES CASEIROS!!
- MESAS DOCES!!
- MAGOSTO !!
- BAILE!!

... E MOITA FESTA DENDE AS 19 H!!!



martes, 4 de noviembre de 2014

OBRADOIROS CREATIVOS DO COLECTIVO 15885



Tes entre 5 e 10 anos?


Queres vir facer M A R I O N E T A S co Colectivo 15885?

Chama XA ao 981 81 4 691.

Este venres das 17:00 ás 19:00 horas no museo Paz Camps, Esmeralda e Elena, integrantes do Colectivo 15885, dan comezo á primeira das sesión dos obradoiros de Artes Plásticas para nen@s que van impartir nos seguintes meses no Museo Paz Camps.

Neste primeiro taller as protagonistas son as marionetas, que imos facer aproveitando materiais reciclados, teas e, como non, a imaxinación, órgano vital para potenciar a creatividade.

Así que xa sabes, se queres vir a pasar un bo rato e de paso marchar cunha marioneta feita por ti, vén connosco!


Prezo: 5 euros por nen@ (materiais incluídos)

miércoles, 29 de octubre de 2014

CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR

A asociación Cultural Papaventos, coa colaboración da FEGATEA e da asociación "Sociedade de Unión y Progreso" de San Xián de Sales, vai organizar un ciclo de teatro dentro do "Circuito galego de teatro amador" no centro sociocultural de San Xián de Sales. 

 A programación é a seguinte:

- Sábado 1 de novembro ás 20h Hipócrita Teatro "Emperador, que pensas? Fala!"

- Domingo 2 de novembro ás 19h Andaravía Teatro "República de Gundián"

- Sábado 8 de novembro ás 20h Tiruleque Grupo de Teatro "Cala e paga"



- Domingo 9 de novembro ás 19h Chumpá Teatro "Welcome to Cuntisville, cidade sen lei"

martes, 7 de octubre de 2014

OBRADOIROS 15885


... Comezan xa!!

ou chama ao 981 814 691 e reserva a tua praza!!

FOTOGRAFÍA: PINTAR COA LUZ
[10 €] Fotografía esencial. Manexo da cámara.
- Domingo 12 de outubro: 10 - 14 h

[20 €] Composición da imaxe. Como transmitir emocións.
- Domingo 19 de outubro: 10 - 14 h
- Domingo 26 de outubro: 10 - 14 h

[30 €] Prácticas de campo. Fotografía de exterior, de estudo e nocturna.
- Semana do 27 de outubro
- Semana do 3 de novembro

[30 €] Tratamento da imaxe e creación dunha fotografía. Adobe Photoshop Lightroom.
- Domingo 16 de novembro: 10 - 14 h
- Domingo 23 de novembro: 10 - 14 h
- Domingo 30 de novembro: 10 - 14 h

*Impartido por Jorge Luís González Gestoso
*Lugar: Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla 

EDICIÓN DE VIDEO CON ADOBE PREMIERE

Comeza o vindeiro venres 10 de outubro

HORARIOS: Os xoves de 19.30 a 21.30 h
LUGAR: Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla
PREZO: 50 € por todo o curso (8 sesións de 2 horas)

*Impartido por Manuel García Torre  


CURSO DESEÑO WEB

Comeza o xoves 9 de outubro

HORARIO: os xoves de 20.15 a 22.15 h
LUGAR: Telecentro de Vedra


PREZO: 25 €

DESCENSO DE CANÓNS NA SERRA DE OUTES (BARRANQUISMO)



ESTE SÁBADO 11 DE OUTUBRO
HORA E PUNTO DE ENCONTRO: ÁS 15 H
PREZO: 25 €
Inclúe: neopreno, casco, seguro, monitor acompañante e materiais.
ou chama ao 981 814 691 e reserva a tua praza!!

lunes, 6 de octubre de 2014

VEDRA de TAPAS


- O Concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas”, os días 10, 11, 12, 17, 18, 19 de outubro de 2014 co obxectivo de promocionar a restauración local.

- Cada tapa terá un prezo de venta ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venta ao público será de 3,00 €

- CONCURSO DE TAPAS:
Cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento.
Os clientes poden votar tódalas tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Outorgaranse unha 1ª, 2ª e 3ª mención ás mellores tapas.

SORTEOS E AGASALLOS PARA OS CLIENTES:
Os agasallos a sortear entre os clientes participantes no concurso son:
Unha estancia para dúas persoas nunha casa de turismo rural con almorzo incluido.
Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
Un lote de produtos locais.
1 tarxeta regalo por valor de 50€ para gastar en algún dos establecementos do concello.

Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os selos de como mínimo 10 establecementos.
Ter os seus datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en
calquera das urnas sitas nos establecementos hosteleiros participantes ou na Casa do Concello de Vedra .
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 19 de outubro de 2014 ás 23:00h. coma data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

Quen cubra os selos dos 14 establecementos participantes entrará no sorteo extra de 100 €.

CONCURSO FOTOGRÁFICO para grupos:
Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.
A foto terá que mostrar que se está facendo o roteiro “Vedra de Tapas”.
Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase o Facebook do Concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: Un lote de produtos locais.



miércoles, 1 de octubre de 2014

ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O LTV



O Laboratorio Teatral de Vedra (LTV) concíbese como un proxecto cuxa finalidade é que mozos e
mozas do concello de Vedra e outros municipios da contorna interesados no mundo das artes
escénicas e sen experiencia teatral previa poidan achegarse ao xogo dramático e adquirir
coñecementos básicos sobre os diferentes elementos que compoñen una representación teatral.

Desenvolveranse un total de 5 obradoiros polos que pasarán tódolos participantes:

-Distensión
-Expresión corporal e voz (Docencia: Alfonso Romeo)
-Texto e interpretación (Docencia: Xoán Curiel)
-Vestiario, maquillaxe e atrezzo (Docencia: María Gaiteiro)
-Medios técnicos: iluminación e son; e Montaxe. (Docencia: Xacobo Castro)

Preténdese ofrecer aos participantes unha aproximación ao teatro como proceso integral. O LTV está
dirixido a un máximo de 30 alumnos con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos que se
distribuirán en grupos de traballo de 7-8 persoas co fin de potenciar a participación e garantir unha
mellor atención por parte dos docentes.

Como práctica final, cada grupo realizará unha breve representación teatral cunha duración
aproximada de 15 minutos, que estará aberta ao público xeral.

Ficha de inscrición descargable: https://www.dropbox.com/s/ewb9wetcs5s3vha/Folla%20de
%20inscrici%C3%B3n%20LTV.pdf?dl=0

martes, 30 de septiembre de 2014

COMEZAN AS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS



Inicio do programa de actividades Culturais do Concello de Vedra:

Obradoiro de TRAPILLO___________________________O mércores 1 de outubro

Obradoiro de PINTURA (adultos)______________________O venres 3 de outubro

Obradoiro de PINTURA (nenos)_______________________O sabado 4 de outubro

Obradoiro de MANUALIDADES ________________________O luns 6 de outubro

Cursos de INGLÉS ____________________________________O luns 6 de outubro



Inicio do programa de actividades Deportivas do Concello de Vedra:

Actividades deportivas en Idade escolar___________________O luns 6 de outubro

Actividade deportivas adultos____________________________O luns e de outubro

Ximnasio Municipal____________________________________O luns 6 de outubro

martes, 23 de septiembre de 2014

OBRADOIROS DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA

Aínda estas a tempo de anotarte nos obradoiros de expresión artística!!!!!!!!!!!

Se precisas máis información, atento as reunións informativas:

Obradoiro de “TRAPILLO”, “GANCHILLO”, TEARES:
Reunión informativa e de presentación mañá, mércores 24 de setembro ás 18:00 horas no Museo Paz Camps.

Obradoiro de MANUALIDADES
Reunión informativa e de presentación o luns 29 de setembro ás 19:00 horas no Museo Paz Camps.

Obradoiro de PINTURA
Reunión informativa e de presentación o martes 30 de setembro ás 20:00 horas no Museo Paz Camps.