jueves, 27 de junio de 2013

AXENDA PARA A PRÓXIMA FIN DE SEMANA EN VEDRA

Tarde de maxia e teatro

Venres, 28 de xuño de 2013

Ás 20.30 h na Casa de Cultura de San Xián de Sales (VEDRA)

actuación do
 
Mago Richard

... e ademais

O grupo de teatro xuvenil de Boqueixón
 representará a obra


“A porta do tempo”


 
 
X RUTA CABALAR RIO PEREIRO
O domingo 30 de xuño a Asociación Cabaleiros Río Pereiro de San Fins de Sales organiza unha nova Ruta Cabalar que conta co seguinte programa:
- Saída da Ruta Cabalar ás 10:30 horas dende “O Souto” con varias paradas polo percorrido para repoñer forzas!!
- Comida ás 14:00 horas
Recollida de entradas ata o 27 de xuño no Fogar do avó ou contactando nos teléfonos 605 546 342 (Álvaro) e 606 146 606 (Aldrey).
 
III Andaina da Asoc. “UNION e PROGRESO”
Ruta do Pereiro
 
A Asoc. Unión e Progreso de San Xián organiza a terceira andaina da parroquia de San Xián. Nesta edición parte do percorrido discorrerá pola Ruta do Pereiro.
DATA: 29 de xuño
HORA: 16:30 h.
SAÍDA: Campo da festa de San Xián de Sales

martes, 25 de junio de 2013

III Andaina da Asoc. “UNION e PROGRESO”


Ruta do Pereiro

A Asoc. Unión e Progreso de San Xián organiza a terceira  andaina  da  parroquia de San Xián. Nesta edición parte do percorrido discorrerá pola Ruta do Pereiro.

DATA: 29 de xuño

HORA: 16:30 h.
SAÍDA: Campo da festa de San Xián de Sales

 

 

 

viernes, 21 de junio de 2013

SÁBADO 22 DE XUÑO APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL

HORARIO:
de luns a venres de 15.00 h a 21.00 h.
sábados, domingos e festivos de 16.00h a 21.00 h.
TELÉFONO: 626 488 891
*En caso de mal tempo as instalacións permanecerán pechadas
ACTIVIDADES ACUÁTICAS AS TARDES DOS LUNS E XOVES


Natación para nenos e nenas:

INICIACIÓN e PERFECCIONAMENTO en varios niveis.



Natación para persoas adultas:
INICIACIÓN e PERFECCIONAMENTO para varios niveis.


Natación terapéutica a persoasadultas e maiores de 65 anos



Consulta os horarios e inscríbete nas actividades entre o 22 e o 30 de xuño na propia piscina municipal.

EXPOSICION DE PINTURA E SÁBADOS CREATIVOS

EXPOSICIÓN DAS OBRAS REALIZADAS POLAS ALUMNAS DO OBRADOIRO DE PINTURA MUNICIPAL

LUGAR: no MUSEO PAZ CAMPS (San Fins de Sales)

DATAS: do 15 de xuño ao  7 de xullo

HORARIO DA EXPOSICIÓN:

                   Sábados de 17:00 a 20:00 H.

                   Domingos de 11:00 a 14:00 H.
 
 

E ademais!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 
SABADOS CREATIVOS con obradoiros de creatividade e xogos de animación.

¿Cando? Os sábados 22 e 29 de xuño e o sábado 6 de xullo

¿A que hora? de 17:00 a 19:00 h.

¿Para quen? Nenas e nenos a partir de 4 anos

jueves, 13 de junio de 2013

AXENDA DA FIN DE SEMANA EN VEDRA

FESTAS PATRONAIS EN SAN XIÁN DE SALES
Os días 14, 15 e 16 de xuño
Día 14 – Verbena coas orquestras ISRAEL e SOLARA.
Día 15 – Sesión vermú coa orquestra Ismael e verbena coas orquestras ISMAEL e SATÉLITES.
As 20:00 h. partido de fútbol SOLTEIROS vs CASADOS no campo de A Cañoteira en Cacheiras. Inscricións en Bar Barreiro.
Día 16- Sesión vermú coa BANDA DE MÚSICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA e coa Asociación de PANDERETEIRAS “SILANDEIRA”
 
Baile-Sardiñada de San Xoán
no Centro Sociocultural da Terceira Idade
- DÍA: Sábado 15 de xuño
- HORA: ás 18:00 h.
- Xogos Populares, ás 20:00 h.
- Sardiñada.
Para asistir á sardiñada é preciso retirar un tícket que ten un custe de 4 €/participante (Menú: sardiñas, churrasco e doce). Para a retirada de tíckets dirixirse ao Centro da 3ª Idade.
Sardiñada de San Xoán organizada pola
Escola de Música Santa Cruz do Concello de Vedra
- DÍA: Sábado 15 de xuño
- HORA: ás 21:00 h.
- LUGAR: Carballeira do Marqués de Santa Cruz de Ribadulla
Non dubides en achegarte!!!!!
Haberá sardiñas para todos!!!!!!!!!

lunes, 10 de junio de 2013

Escola de Familias


Este mes, Escola de Familias abordará unha temática importante para todas as  familias antes de que remate o curso.

Escola de familias organiza unha nova sesión o 11 de Xuño,  de 20.00 a 21.30 no local social da terceira idade  coa temática:

“Obradoiro: prevención de consumo de drogas” 
coa participación de  Fernando González Iglesias, psicólogo da UMAD de Santiago.

Poderán asistir   todos/as aqueles/as interesados/as.

Por razóns de organización aconsellamos que confirmedes a vosa asistencia no tf. 699 041 486 Mamen Sabio  (Educadora) ou  no seguinte enderezo carmen.sabio@vedra.dicoruna.es.

miércoles, 5 de junio de 2013

Luvas Verdes: A LIMPAR VEDRA.

Co motivo de conmemorar o Día Mundial do Medioambiente, o próximo sábado 8 de xuño, retomamos o programa LUVAS VERDES cunha saída de A LIMPAR VEDRA. Saída polos camiños e montes do noso concello para celebrar unha xornada de limpeza do medio.

Facemos un chamamento a todos aqueles interesados, ás asociacións de veciños, asociacións de todo tipo e grupos de amigos para que nos axuden nesta campaña de limpeza Verde.

Un vertedoiro incontrolado é un foco de contaminación e de riscos sanitarios, e incluso de incendios. Coa súa limpeza, preténdese minimizar e corrixi-los impactos orixinados permitindo a integración do lugar co seu entorno, e elimina-lo hábito de seguir depositando lixo en ditos lugares.

Se queres apuntarte, tomar parte neste programa ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981 814 612 ou no enderezo electrónico casadospeons@concellodevedra.com

lunes, 3 de junio de 2013

Clausura das escolas deportivas municipais 2012-2013

O pasado xoves 31 de maio tivo lugar no polideportivo municipal o acto de clausura das escolas deportivas municipais do presente curso. A partir das 17:30 e diante de algo máis dun cento de país, nais, familiares e amigos dos distintos participantes nas mesmas daba comezo o acto, coa exhibición dos cativos e cativas da actividade de Kárate, que deron mostra dos avances adquiridos ao longo deste curso, para a maior parte deles o ano de contacto coa actividade, dirixidos polo mestre Domingo Albela.
Posteriormente foi o turno para os distintos grupos de patinaxe, que amosaron as súas progresións realizando distintas coreografías segundo o seu nivel, diseñadas pola monitora Tania Garabatos e perfectamente caracterizados para a ocasión por ela mesma. Unha vez rematado o patinaxe e presentados ó mais puro estilo NBA polo “speaker” do Blusens Mombús Obradoiro, voz de todo o acto, os integrantes da actividade de baloncesto, debutante este ano no programa, foron os encargados de poñer o remate da mostra do traballo realizado nas escolas deportivas deste curso, mediante uns circuitos e exercicios diseñados pola súa adestradora Ana Masaguer.

E así foi como se dou paso a exhibición estelar deste ano, protagonizada polo mozo e veciño deste concello Fabian Sende “Fabian SJS”, que deleitou a tódolos asistentes cun concurso de mates e a entrega de diplomas aos asistentes as actividades a cargo do alcalde Carlos Martínez e da concelleira Beatriz Amenal, para despois disfrutar de inchables e dun minitaller de globoflexia para os máis cativos.

 Nas escolas deportivas deste curso participaron un total de 52 nenos e nenas e con este acto de clausura ponse case fin as actividades dirixidas e competicións do pavillón de Vedra no presente curso, agás as actividades de adultos que rematan a finais de xuño e xa coas competicións de futbol sala e os grupos participantes en deporte federado finiquitados. A instalación pecha así o curso natural cunha asistencia media semanal de medio milleiro de usuarios, ademais dos alumnos e alumnas do CPI de Vedra. Dende o 1 de xullo ata o 10 de setembro o pavillón pasará a ter horario de verán de 20:00 a 24:00 no que poderán acceder os usuarios do ximnasio e alugar a cancha polideportiva. En setembro empezará a preinscricción nas actividades para o curso 2013-2014.