viernes, 30 de octubre de 2015

I CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL



O departamento de Cultura do Concello de Vedra propón o seu I concurso de tarxetas de nadal 2015.

BASES DO CONCURSO:

CONCURSANTES:
Poderán participar todos os nenos e nenas da comunidade educativa de Vedra e tamén todos os nenos e nenas empadroados neste concello nas idades comprendidas neste concurso.
*Cada concursante só poderá participar con unha tarxeta.
* Cada tarxeta deberá ter un único creador ou creadora.

CONDICIÓNS:
As tarxetas serán realizadas nunhas dimensións de 15 x 21 cm (Din A5 / medio folio) e coa única temática do nadal (entendida libremente por cada unha das persoas participantes) As mesmas deberán ser inéditas e reflectir unicamente a creatividade do autor ou autora.

No reverso deberán figurar os seguintes datos:
* nome, apelidos, idade, centro escolar e teléfono de contacto.

E ademais cuberta e asinada a seguinte autorización:
Don/Dna.________________________________________________________ con DNI _________________, como pai/nai ou titor/ra da persoa participante, autorizo a que participe no I Concurso de Tarxetas de Nadal 2015 segundo as bases do dito concurso co cal estou conforme.
Sinatura,

CATEGORÍAS E PREMIOS:
 Categoría PREESCOLAR (persoas nadas despois do 2011)
 Categoría INFANTÍL ESCOLAR (persoas nadas en 2010 – 2011)
 Categoría 1º E 2º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2008-2009)
 Categoría 3º E 4º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2007- 2006)
 Categoría 5º E 6º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2005 – 2004)

PREMIOS:
* Haberá un premio ao mellor traballo de cada categoría.
* De entre todos os traballos recibidos un xurado elixirá a tarxeta que se empregará como felicitación oficial do Concello de Vedra no Nadal de 2015.
*Todos os traballos recibidos serán expostos na Casa das Artes de Vedra “Chousa do Cotiño” durante a súa programación de Nadal.

PRAZO DE ENTREGA:
As tarxetas deberán presentarse no Departamento de Cultura do Concello de Vedra

ANTES DO 20 DE NOVEMBRO
*Os traballos poden presentarse ben en persoa en horario de luns a venres de 9.30 a 14 h, ou na seguinte dirección postal:
Concello de Vedra
Avda Mestre Manuel Gómez, 1
15885 Vedra
A Coruña

ACEPTACIÓN DAS BASES:
O concello de Vedra reservase o dereito de resolver, como considere oportuno, cantas cuestións poidan xurdir da aplicación das presentes bases. Así como as persoas participantes, polo feito de selo aceptan as presentes bases.

TODA A INFORMACIÓN E BASES Á TÚA DISPOSICIÓN:
No Departamento de Cultura do Concello de Vedra Tel: 981 814 691 /cultura@concellodevedra.com | www.concellodevedra.com

lunes, 26 de octubre de 2015

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL


O Concello de Vedra, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza unha charla co obxectivo de informar a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, que actualmente non esten traballando nin recibindo educación ou formación, sobre as posibilidades que lle achega este programa. 


jueves, 22 de octubre de 2015

CONCURSO VEDRA DE TAPAS


Durante dúas fins de semana 12 establecementos de Vedra acolleron esta iniciativa que mesturaba interese turístico, gastronómico e tamén a intención de ser unha aposta diferente!!

Co bo sabor de boca  que deixou tanto en hostaleiros, coma na organización e persoas participantes presentamos os resultados do concurso:

1ª MENCION Á MELLOR TAPA: Cabra ao estilo de “Barcia” (Bar Barreiro)
2ª MENCIÓN A MELLOR TAPA: E de segundo postre (Bar Barreiro)
3ª MENCION A MELLOR TAPA: Tenrreira con salsa de champiñóns e castañas (O Fogar do avó)

Relación de agasallos entre os participantes no concurso:

Para cartillas con un mínimo de 5 selos:

-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello: Emilio Clemente González (Santa Cruz de Ribadulla)

-Un lote de produtos locais: Sandra Mouriño Tejo (Milladoiro, Ames)

-1 tarxeta regalo por valor de 50€ para gastar nalgún dos establecementos do concello: Alberto Insua Barros (San Fins de Sales)

Para cartillas con un mínimo de 8 selos:

-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuito termal…: Manuel Aldariz Martinez (Ponte de Sarandon)

-100 €: Miriam Sanin Peillet (Vedra)

Para cartillas con todos os selos sorteouse un premio en metálico de 200,00€ entre os participantes resultando gañador José Maria Barrio (Santa Cruz de Ribadulla).

E no concurso fotografico, resultou gañadora  dun lote de productos locais, a foto de grupo remitida por: Manuel Garcia Torre (Santa Cruz de Ribadulla)

martes, 6 de octubre de 2015

VEDRA DE TAPAS 2015

O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas”, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de outubro de 2015 co obxectivo de promover a restauración local.

Bases:

1) ÁMBITO DE PARTICIPACIÓN: o roteiro - concurso “Vedra de Tapas”, correspondente a 2015, ten ámbito xeográfico circunscrito aos límites do Concello de Vedra, podendo participar no mesmo calquera establecemento do municipio, pertencente á marca “Tabernas da Ulla”.

2) OBXECTO DE PARTICIPACIÓN: O establecemento participante deberá elaborar como máximo dúas tapas, sendo os ingredientes de libre elección, a un prezo de venta ó público de 1,50 € cada tapa.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais; Subzona Ribeira do Ulla-D.O. Rías Baixas, o prezo de venta ó público será de 3,00 €

3) INSCRICIÓN: A inscrición no roteiro - concurso é gratuíta para tódolos establecementos.

4) DIFUSIÓN E MATERIAL DE PARTICIPACIÓN: O Concello de Vedra distribuirá entre a hostalería participante cartelería e cartillas de puntuación. Os hostaleiros terán unha urna para que os clientes depositen as súas cartillas.
Estas cartillas de participación estarán a disposición dos clientes nos locais participantes ou na Casa do Concello.
Así mesmo, contarase con difusión do roteiro-concurso no facebook, no blog e na páxina web municipais.

5) MODO E PERIODO DE PARTICIPACIÓN: as tapas presentadas a concurso deberán estar anunciadas, expostas de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18 de outubro de 2015, en
horario de 12:00 a 15:00 h. e de 19:00 a 22:30 h.
(Horarios: Venres: noite / Sábados, domingos e festivo: mediodía e noite)
Asimesmo, os establecementos concursantes deberán ter exposto en lugar visible o cartel anunciador do concurso e a urna para depositar as papeletas do concurso.

6) MODALIDADE DE VOTACIÓN: cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casilla correspondente ó seu establecemento.
Os clientes poden votar tódalas tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos
Outorgaranse un 1º, 2º e 3º premio ás mellores tapas.

7) SORTEOS E AGASALLOS:
Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os datos cubertos e lexibles na cartiña de votación e depositala en calquera das urnas nos establecementos hostaleiros participantes ou na Casa do concello de Vedra.
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 18 de outubro de 2015 ás 23:00h. como data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:
Quen cubra a cartilla cos selos de como mínimo 5 establecementos participará nos sorteos de:
-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
-Un lote de produtos locais.
-1 tarxeta regalo por valor de 50€ para gastar nalgún dos establecementos do concello.

Quen cubra a cartilla cos selos de como mínimo 8 establecementos participará nos sorteos de:
-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuito termal…
-100 €

Quen cubra a cartilla cos selos dos 12 establecementos participantes entrará no sorteo de 200 €
Para os agasallos de grupo:
Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.
Realizarase un CONCURSO FOTOGRÁFICO:
A foto terá que mostrar que se está facendo a ruta “Vedra de Tapas”.
Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase ao Facebook do concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: Un lote de produtos locais.

8) RECOLLIDA DE VOTOS: Os hosteleiros participantes entregarán o martes 20 de outubro de 2015 as urnas na Casa do Concello, e farase o reconto de votos de 12:00 a 14:00 h.
Non será válida ningunha urna que non manteña intacto o seu precinto. Non será válida ningunha papeleta que non cumpra os requisitos esixidos.

9) RESOLUCIÓN E AGASALLOS: O 22 de outubro de 2015, daranse a coñecer as tapas gañadoras na Casa do Concello.
Así mesmo farase a entrega dos agasallos ós gañadores/as no sorteo levado a cabo o mesmo día do reconto.
O ganador autoriza ó Concello de Vedra a reproducir e utilizar o seu nome, apelidos e imaxe, en calquera actividade pública e promocional, relacionada co concurso no que resultou gañador, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio.

10) RECLAMACIÓNS: O período de reclamación sobre o resultado do concurso e sorteos finalizará transcorridos dez(10) días naturais desde a data de publicación dos resultados de cada un dos sorteos.

11) ACEPTACIÓN DAS BASES: a participación no Roteiro – Concurso “Vedra de Tapas” implica a aceptación das súas bases, así como a resolución do mesmo.

12) MODIFICACION DE BASES E SUSPENSIÓN DO SORTEO: o Concello de Vedra, resérvase o dereito a suspender, aprazar ou cancelar o presente sorteo en calquera momento anterior ao comezo do mesmo, sempre que existan causas que así o xustifiquen, así como a modificar as presentes bases,
comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións, suspensión, aprazamento ou cancelación, no seu caso.

13) RESPONSABILIDADES ALLEAS: En ningún caso o Concello de Vedra será responsable dos servizos que calquera outra entidade coa que esta colabore,preste.

14) DEPÓSITO: As presentes bases aparecerán recollidas e dispoñibles ó público na páxina Web “www.concellodevedra.com”.

15) XURISDICCIÓN: Para o coñecemento de calquera litixio que puidese suscitarse en canto á interpretación ou aplicación das presentes Bases, tanto o Concello de Vedra como os participantes no roteiro-concurso, sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de
Santiago, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese
corresponderlles.

DESEÑO GRÁFICO



Este venres ás 20.00 horas no Telecentro de Vedra comeza o Curso de "Deseño Gráfico: Photoshop e Illustrator".


Quedan tres prazas, estas interesado?


Se queres anotarte chama ao Departamento de Cultura, 981814691

OBRADOIRO DE COSTURA

A partir de mañá todos os mércores de 18:00 a 20:00 horas terá lugar un OBRADOIRO DE COSTURA trimestral na Casa das Artes (antigo Museo Paz Camps).
Aínda estás a tempo de anotarte, quedan tres prazas dispoñibles.

jueves, 1 de octubre de 2015

REFORMA DO TELLADO DO PAVILLÓN

No mes de outubro vanse a realizar as obras de reforma do tellado do pavillón polideportivo. Por este motivo as actividades deportivas que se desenvolven na pista central, e todas as actividades deportivas para a idade escolar quedan  suspendidas ata que rematen estas obras. Seguirá aberto o ximnasio e comezarán con normalidade as actividades deportivas de adultos, non afectadas por estas obras.

Agradecendo de antemán a vosa compresión ante unha obra amplamente demandada e necesaria lamentamos as molestias que poidamos ocasionar.