miércoles, 29 de octubre de 2014

CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR

A asociación Cultural Papaventos, coa colaboración da FEGATEA e da asociación "Sociedade de Unión y Progreso" de San Xián de Sales, vai organizar un ciclo de teatro dentro do "Circuito galego de teatro amador" no centro sociocultural de San Xián de Sales. 

 A programación é a seguinte:

- Sábado 1 de novembro ás 20h Hipócrita Teatro "Emperador, que pensas? Fala!"

- Domingo 2 de novembro ás 19h Andaravía Teatro "República de Gundián"

- Sábado 8 de novembro ás 20h Tiruleque Grupo de Teatro "Cala e paga"



- Domingo 9 de novembro ás 19h Chumpá Teatro "Welcome to Cuntisville, cidade sen lei"

martes, 7 de octubre de 2014

OBRADOIROS 15885


... Comezan xa!!

ou chama ao 981 814 691 e reserva a tua praza!!

FOTOGRAFÍA: PINTAR COA LUZ
[10 €] Fotografía esencial. Manexo da cámara.
- Domingo 12 de outubro: 10 - 14 h

[20 €] Composición da imaxe. Como transmitir emocións.
- Domingo 19 de outubro: 10 - 14 h
- Domingo 26 de outubro: 10 - 14 h

[30 €] Prácticas de campo. Fotografía de exterior, de estudo e nocturna.
- Semana do 27 de outubro
- Semana do 3 de novembro

[30 €] Tratamento da imaxe e creación dunha fotografía. Adobe Photoshop Lightroom.
- Domingo 16 de novembro: 10 - 14 h
- Domingo 23 de novembro: 10 - 14 h
- Domingo 30 de novembro: 10 - 14 h

*Impartido por Jorge Luís González Gestoso
*Lugar: Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla 

EDICIÓN DE VIDEO CON ADOBE PREMIERE

Comeza o vindeiro venres 10 de outubro

HORARIOS: Os xoves de 19.30 a 21.30 h
LUGAR: Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla
PREZO: 50 € por todo o curso (8 sesións de 2 horas)

*Impartido por Manuel García Torre  


CURSO DESEÑO WEB

Comeza o xoves 9 de outubro

HORARIO: os xoves de 20.15 a 22.15 h
LUGAR: Telecentro de Vedra


PREZO: 25 €

DESCENSO DE CANÓNS NA SERRA DE OUTES (BARRANQUISMO)



ESTE SÁBADO 11 DE OUTUBRO
HORA E PUNTO DE ENCONTRO: ÁS 15 H
PREZO: 25 €
Inclúe: neopreno, casco, seguro, monitor acompañante e materiais.
ou chama ao 981 814 691 e reserva a tua praza!!

lunes, 6 de octubre de 2014

VEDRA de TAPAS


- O Concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas”, os días 10, 11, 12, 17, 18, 19 de outubro de 2014 co obxectivo de promocionar a restauración local.

- Cada tapa terá un prezo de venta ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venta ao público será de 3,00 €

- CONCURSO DE TAPAS:
Cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento.
Os clientes poden votar tódalas tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Outorgaranse unha 1ª, 2ª e 3ª mención ás mellores tapas.

SORTEOS E AGASALLOS PARA OS CLIENTES:
Os agasallos a sortear entre os clientes participantes no concurso son:
Unha estancia para dúas persoas nunha casa de turismo rural con almorzo incluido.
Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
Un lote de produtos locais.
1 tarxeta regalo por valor de 50€ para gastar en algún dos establecementos do concello.

Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os selos de como mínimo 10 establecementos.
Ter os seus datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en
calquera das urnas sitas nos establecementos hosteleiros participantes ou na Casa do Concello de Vedra .
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 19 de outubro de 2014 ás 23:00h. coma data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

Quen cubra os selos dos 14 establecementos participantes entrará no sorteo extra de 100 €.

CONCURSO FOTOGRÁFICO para grupos:
Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.
A foto terá que mostrar que se está facendo o roteiro “Vedra de Tapas”.
Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase o Facebook do Concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: Un lote de produtos locais.



miércoles, 1 de octubre de 2014

ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O LTV



O Laboratorio Teatral de Vedra (LTV) concíbese como un proxecto cuxa finalidade é que mozos e
mozas do concello de Vedra e outros municipios da contorna interesados no mundo das artes
escénicas e sen experiencia teatral previa poidan achegarse ao xogo dramático e adquirir
coñecementos básicos sobre os diferentes elementos que compoñen una representación teatral.

Desenvolveranse un total de 5 obradoiros polos que pasarán tódolos participantes:

-Distensión
-Expresión corporal e voz (Docencia: Alfonso Romeo)
-Texto e interpretación (Docencia: Xoán Curiel)
-Vestiario, maquillaxe e atrezzo (Docencia: María Gaiteiro)
-Medios técnicos: iluminación e son; e Montaxe. (Docencia: Xacobo Castro)

Preténdese ofrecer aos participantes unha aproximación ao teatro como proceso integral. O LTV está
dirixido a un máximo de 30 alumnos con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos que se
distribuirán en grupos de traballo de 7-8 persoas co fin de potenciar a participación e garantir unha
mellor atención por parte dos docentes.

Como práctica final, cada grupo realizará unha breve representación teatral cunha duración
aproximada de 15 minutos, que estará aberta ao público xeral.

Ficha de inscrición descargable: https://www.dropbox.com/s/ewb9wetcs5s3vha/Folla%20de
%20inscrici%C3%B3n%20LTV.pdf?dl=0