martes, 30 de abril de 2013

XXVI FESTA DA ORELLA

SAN FINS DE SALES
DOMINGO 5 DE MAIO

A partir da unha do mediodía terá lugar a presentación dunha nova edición da festa a cargo de Inés Dopazo Mella.

Pola maña contarase coa actuación da Asoc. Agarimo de San Fins, e xa despois do xantar festa rachada coas actuacións de pandereteiras SILANDEIRA de San Xulián, música tradicional TRÉCOLA da Poboa do Caramiñal e as charangas SON DO SOUTO e o GHUSTO DO BOI de Lestedo.

Durante todo o día haberá degustación de orella de porco gratis, e tamén postos de venda de orella doce, polbo, churrasco, ...

E a partir das 18.00 h actuación da orquestra PARIS DE NOIA.

jueves, 25 de abril de 2013

Representación de JRELOS CREST da Asociación Cultural Ullán

O grupo de teatro da Asociación Cultural Ullán ante o enorme éxito de público recibido na última actuación realizada dentro da programación de Teatrofilia 2013, presenta dous novos pases da súa obra JRELOS CREST.

    LUGAR.:na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla
    HORARIO: sábado 27 ás 21.30 h
                     domingo 28 ás 19.00 h

VEDRA EMPRESAS

Albariño Gundián 2011 consigue a medalla de plata na 37.ª edición del Challenge International du Vin, celebrado en Burdeos onde se presentaron casi 5.000 mostras de viño de 32 países dos cinco continentes. Este recoñecemento ven a sumarse á medalla de ouro acadada na última festa do Alvariño de Cambados.


miércoles, 24 de abril de 2013

Exposición de Esperanza Lema Bouzas

Despois do éxito da presentación da súa exposición en Madrid dunha selección das súas obras pictóricas e escultóricas durante o mes de xaneiro. Agora é o turno de que Esperanza Lema Bouzas nos presente a súa obra no noso termo municipal.

DATA DA INAUGURACIÓN: VENRES 26 DE ABRIL
HORA: ÁS 20.30 H

Ata o próximo 26 de maio poderemos seguir gozando das obras pictóricas e escultóricas de Esperanza Lema no noso Concello, que estará aberta ao público os venres e sábados de 17:00 A 20:00 horas e  os domingos de 11:00 a 14:00 horas.
Existe a posibilidade de concertar visitas para grupos en horario de mañá chamando ao teléfono 981 814 691.

Programa Posta a Punto: Consumo "con sentido"

DATA: VENRES 24 DE MAIO.

HORA: ÁS 20.00 h.

LUGAR: CENTRO DE FORMACIÓN MUNICIPAL “Na casa da estación do tren de Santa Cruz de Ribadulla”.

Neste mes o Programa Posta a Punto para a xuventude presenta o  obradoiro  CONSUMO “CON SENTIDO” no que se tocarán os seguintes temas:

1. Achegar unha visión máis sostible de comprar.
2. Consumo responsable.
3. Sacando as redes da pantalla.
 
*Inscríbete xa no teléfono 981 814 691, será moi divertido!!

jueves, 18 de abril de 2013

XANELA DA MULLER RURAL: AS MULLERES E A SEXUALIDADE

Continua o Programa da Asociación Berenguela pola Igualdade
A XANELA DA MULLER RURAL
… e faino co faladoiro
“AS MULLERES E A SEXUALIDADE ”
... Ademais haberá obradoiro Tuppersex
 
 
DATA: O sábado 20 de abril
HORA: Ás 19:00 h
LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL DA TERCEIRA IDADE
Non perdas esta divertida oportunidade!!

martes, 16 de abril de 2013

DUATLÓN ESCOLAR DE VEDRA

O Club Olímpico de Vedra organiza o DUATLÓN ESCOLAR DE VEDRA, clasificatorio para o Campionato Provincial, este domingo 21 de abril na Carballeira do Souto-San Fins.
INSCRICIÓNS
Deberán enviarse Á Federación Galega de Tríatlon, ó correo electrónico
fegatri@hotmail.com ou o fax 982 109 800, ata o mércores 17 de abril ás 14:00 horas.


CLASIFICACIÓNS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL
Clasificaran os dous primeiros equipos de cada categoría e sexo, e a nivel individual
clasificaranse os 25 primeiros por categoría e sexo para o campionato provincial.
A clasificación por equipos obterase da suma do tempo dos tres primeiros clasificados de
cada equipo, resultando vencedor o equipo que menos tempo empregue. En caso de
empate gañará o que clasifique primeiro o seu mellor deportista, na categoría e sexo que
corresponda

PREMIOS
Haberá medallas para os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada categoría.

Máis información

miércoles, 10 de abril de 2013

XXXIII Exaltación do Viño da Ulla!!!!


Festa do Viño 2013

O 14 de abril


Este domingo 14 de abril celébrase a XXXIII Exaltación do Viño da Ulla!


San Miguel de Sarandón será unha festa!!


E coincicindo con ela …

… chega unha nova edición da Mostra da Industria, a Agricultura, a Artesanía e o Turismo de Vedra
 

Feira Vedra

Con este motivo o baixo da Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón e a súa contorna convértense no escaparate do Produto Vedra, mostrando as enormes posibilidades empresariais e turísticas que esta posúe.


  • Non te esquezas de botarlle un ollo a esta nova edición de Feira Vedra, de seguro que sorprenderá.

Máis infromación:


PROGRAMA: ESCOLA DE FAMILIAS


Desde o departamento de educación infórman de que o vindeiro luns, día 15, terá lugar unha nova sesión de Escola de familias sobre:
“Como axudar aos nosos fillos e fillas no estudo. Obradoiro para pais e nais de técnicas de estudo”.
Desenvolverase no Centro sociocultural de Vedra , de 18.00 a 19.30 h. Aconséllase inscrición.

martes, 9 de abril de 2013

I Gala do Deporte

O pasado venres 5 de abril celebrouse con gran éxito de convocatoria a I Gala do Deporte de Vedra.

Ás 20.30 h daba comezo o evento, que da man de Silvia Castiñeiras,  presentadora de deportes de Correo TV supuxo unha viaxe emotiva e próxima  polo deporte vedrés que brillou con luz propia.

Houbo tempo para as anécdotas, para os agradecementos, para as peticións e como non para os merecidos aplausos que todas e cada unha das persoas que se subiron ao escenario, tanto os finalistas como os premiados, que dende logo tiñan máis que gañados cos brillantes curriculos que presentaron.

Se ben o momento estelar chegou coa entrega do Premio Especial do xurado “Lenda do Deporte Galego” que recibiu da man do alcalde do Concello de Vedra Carlos Martinez Carrillo Moncho Fernández adestrador do BLUSENS MONBUS OBRADOIRO CAB. Un galardón outorgado a unha persoa que reúne todos os valores deportivos e humáns que o xurado buscaba, pois trátase dun exemplo de como dende un barrio compostelán se pode ser referente no baloncesto de élite a nivel nacional e internacional, con constancia, esforzo, sacrificio, a continúa formación e a implicación social e humán que sempre prioriza, sendo ademáis unha persoa cercana, afable, encantadora, amigo dos seus amigos, e defensor dos seus orixes.

A Gala estivo presidida por:

-         O alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martinez Carrillo

-         Membros da Corporación de Vedra

-         A Vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable de Deportes, Dona Mariel Padín

-         O Concelleiro de Deportes da Cidade da Cultura, Don Fran Mourelo
 

LISTADO DE GAÑADORES NAS 15 CATEGORÍAS:

 
1) CATEGORÍA  FEMININA:

Mellor deportista de base  2012: NAVIA RENDO GUITIÁN


2) CATEGORÍA FEMININA:

Mellor deportista promesa 2012: ALBA LEMA SEOANE

3) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor deportista de base  2012: ADRIÁN BARRIO BARRAL

 
4) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor deportista promesa  2012: DANIEL BOUZÓN GARCÍA

5) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor equipo promesa 2012:OLÍMPICO DE VEDRA CADETE MASCULINO DE TRIATLÓN

6) CATEGORÍA FEMININA:

Mellor deportista  2012: ALBA LEMA SEOANE SEOANE

 
7) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor deportista 2012: ANXO LEMA SAAVEDRA

 
8) CATEGORÍA FEMININA:

Mellor equipo de base 2012: EQUIPO DE ATLETISMO DO CEIP ORTIGUEIRA

 
9) CATEGORÍA FEMININA:

mellor equipo promesa 2012: OLÍMPICO DE VEDRA FEMININO DE TRIATLÓN

 
10) CATEGORÍA MASCULINA:

Mellor equipo de base 2012:  EQUIPO INFANTIL DA ESCOLA DEPORTIVA VAL DO ULLA


11) MELLOR INICIATIVA DEPORTIVA ORGANIZADA NO CONCELLO EN 2012:

CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO GUNDIÁN


12) PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á CONTRIBUCIÓN EMPRESARIAL AO DEPORTE MUNICIPAL


PREMIADOS:                RAMSA: Rocas Arcillas y Minerales S.A.

                                   GRUPO ULLA


13) PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á MELLOR CONTRIBUCIÓN AO DEPORTE MUNICIPAL:
 
JAIME FURELOS VÁZQUEZ

 
14) PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á TRAXECTORIA DEPORTIVA

XERARDO ÁLVAREZ CASAL

15) PREMIO ESPECIAL DO XURADO “LENDA DO DEPORTE GALEGO”

MONCHO FERNÁNDEZ

 

 

 

 

 

 

 

                                 

 


jueves, 4 de abril de 2013

I Gala do Deporte. Concello de Vedra

O Concello de Vedra quere homenaxear ao deporte de Vedra e os responsables e institucións que fan posible o seu desenvolvemento.

Para isto este venres 5 de abril ás 20:30 h no Salón de Actos do Centro Sociocultural da Terceira Idade de Vedra a súa Primeira Gala do Deporte, pretendendo con iso poñer en valor a práctica do deporte e os seus principios.

Dende logo será un inmellorable momento para reunir o máis destacado deste mundo do deporte en Vedra.

Contaremos coa presenza do primeiro galardoado en Vedra como LENDA DO DEPORTE GALEGO, que non é outro que MONCHO FERNANDEZ, adestrador do BLUSENS MONBUS OBRADOIRO CAB. Un galardón outorgado a unha persoa que reúne todos os valores deportivos e humanos que o xurado buscaba, pois trátase dun exemplo de como dende un barrio compostelán se pode ser referente no baloncesto de elite a nivel nacional e internacional, con constancia, esforzo, sacrificio,continúa formación e implicación social e humana que sempre é prioritaria, sendo ademais unha persoa próxima, afable, encantadora, amigo dos seus amigos, e defensor das súas orixes.