Sábado, 1 de xuño de 2013
Coincidindo coas II
Xornadas de portas abertas nas Rutas dos viños de Galicia, o concello de
Vedra organiza pola súa Ruta do Viño
Rías Baixas, Subzona Ribeira do Ulla, as II Xornadas enogastronómicas,
que contan cun programa especial gratuíto:
“Ruta guiada por Vedra”
Visitando: Destilería Aguardientes de Galicia, Coto e Ponte
Colgante de Ximonde, Adega Valdés, Ponte Gundián, Pazo de Santa Cruz de
Ribadulla e Pazo de Galegos.
A visita desenvolverase en xornada de mañán e de tarde. Os
participantes que o desexen poderán disfrutar dos menús que o Restarurante
Villa Verde, adherido á Ruta do viño de Vedra, propón para as xornadas:
Menús enogastronómicos
(25 €/persoa)
Menú A:
1ºRevolto de zamburiñas con cogumelos
2º Pescada guisada ao forno con ourizo de mar ou capón de
curral de Mos
Sobremesas: Variados caseiros
Menú B:
1ºEnsalada de verduras con peixe en escabeche
2º Arroz mariñeiro ou lascas de vitela con cogumelos á
pementa verde
Sobremesas: Variados caseiros
Maridaxe con viños da
D.O. Rías Baixas
Menú infantil: 10 € (menores de 12
anos)
Reserva de prazas no tel. 981 814612 ou en
casadospeons@concellodevedra.com ata o 30 de maio.
Punto de encontro: Centro de Dinamización e Promoción
Municipal “Casa dos Peóns” ás 11:00 h.
GPS: 42.790309, -8.444015
Cómo chegar: http://goo.gl/maps/VCUAk
Máis información : http://www.turgalicia.es/presentacion-2-xornadas-ruta-dos-vinos?langId=gl_ES
No hay comentarios:
Publicar un comentario