lunes, 27 de julio de 2015

VI FESTA DO CHOURIZO


GOZA DO ULLA EN VEDRA

Ruta de San Xoán da Cova (PR-G 36)
Data: domingo 2 de agosto.
Distancia: 11,2 km.
Dificultade: media.
Punto de encontro: Área de recreo de Cubelas   42º 44´ 6.96´´ N / 8º 28´ 33.1´´O

Contacto e información: 981 814691  casadospeons@concellodevedra.com


O punto de encontro será ás 9:30 h. na Área de recreo de Cubelas, alí deixaremos os coches para subir en autobús ao punto de saída no Miradoiro de Gundián as 10.00 h.


Tamén, se estas interesado, podes aproveitar esta ocasión para xantar na Festa do Chourizo, que se celebra o mesmo día na Área de recreo de Cubelas.

sábado, 25 de julio de 2015

ALUGUER DE BICICLETAS BTT

LEMBRA QUE CONTAMOS CUN SERVIZO DE ALUGUER DE BICICLETAS

Persoas destinatarias:
O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores con idade comprendidas entre os 16 e os 18 anos poderán gozar do sistema previa autorización expresa e responsable dalgún dos seus pais ou titores legais. Queda expresamente prohibido a alta e utilización do servizo a menores de 16 anos.
Horario e lugar do servizo de aluguer de bicicletas:
Horario de atención ao público: de martes a domingo de 11:00 a 20:00 horas nos PUNTOS DE INTERMEDIACIÓN DO ALUGUER DE BICICLETAS:
- Bar Quenllas: R/Manuel Texo nº 3, Santa Cruz de Ribadulla. ( 42.776649, - 8.424904) Tfno.: 981 512452.
- Bar Barreiro: Cibrán nº9, San Xián de Sales. (42.814694, - 8.511153) Tfno.: 981 511508.
Ou chamando ao 981 814612 / casadospeons@concellodevedra.com
Dispoñibilidade do servizo:
O servizo estará dispoñible todo o ano. O tempo máximo permitido de utilización continua das bicicletas é de 6 horas. No caso de exceder este prazo aplicaranse as sancións correspondentes. O servizo poderá ser suspendido por causas de forza maior (climatolóxicas...).
Declaración de alta como usuario:
Os interesados en usar o sistema de aluguer de bicicletas deberán previamente darse de alta no servizo nos Puntos de Intermediación. A tal efecto, deberán cumprimentar unha folla de inscrición e acompañala do documento nacional de identidade.
Custe do servizo 3 €, co límite de tempo fixado (6 h).

Xestiona o servizo a Asociación para a Dinamización e Promoción de Vedra “Casa dos Peóns”.

jueves, 23 de julio de 2015

DINAMIZA PISCINA

Ao longo dos meses de xullo e agosto, os martes, xoves e sábados de 17:00 a 20:00 horas, os nenos e nenas, xóvenes e maiores que se acheguen a piscina municipal, atoparanse con diversas alternativas socioculturais: bibliopiscina, obradoiros, xogos,…

Anímate a particicipar e goza do verán!!!!!!!!!!!!!

miércoles, 22 de julio de 2015

LUVAS VERDES PIRATAS NA LUDOTECA DE VEDRA

Na mañá de hoxe os Piratas da Ulla, protagonistas da Ludoteca de verán, saíron de aventura polos arredores de Vedra. Tratouse dunha actividade incluída no programa de concienciación medioambiental Luvas Verdes impulsado dende a concellería de Medio ambiente.
A aventura, que reuniu a máis de corenta piratas, consistiu nunha actividade de rastrexo que mesturou a cultura pirata co coidado do medio ambiente.

martes, 14 de julio de 2015

NOVA DATA PARA TODOCOSMOS


OS BOLECHAS EN VEDRA

Os Bolechas na máquina do tempo

O concello de Vedra en colaboración coa Rede de dinamización lingüística da Xunta de Galicia achega a Vedra a actividade "Os Bolechas na máquina do tempo. Unha viaxe a través do tempo cun científico tiruleco".
actividade terá lugar o sábado 18 de xullo ás 19:00 horas no Museo Paz Camps en San Fins de Sales.

miércoles, 8 de julio de 2015

Campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor”



O vindeiro luns día 13 de xullo a Campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor” que promove a Consellería de Medio Ambiente e Sogama vaise achegar a Vedra.

Unha aula móbil e un inchable desta iniciativa emprazarase   entre as 16.00 e as 20.00 horas nas inmediacións da piscina municipal.

Esta  é unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe, onde educadores ambientais informan sobre qué residuos hai que depositar en cada tipo de colector, co fin de mellorar a reciclaxe.

martes, 7 de julio de 2015

Aluguer de Piraguas e Barcas do Ulla na Área de Recreo de Agronovo


O Concello de Vedra infórmate de que ao longo dos meses de xullo e agosto, todos os sábados e domingos pola tarde  entre as 16:00 e 20:00 h. poderase acceder libremente ás Piraguas e ás Barcas do Ulla mediante o seu aluguer a un prezo de 3 € /hora.

Non perdas a ocasión de realizar esta actividade que che permite gozar da paisaxe ao tempo que practicas deporte!!


lunes, 6 de julio de 2015

CINE DE VERÁN 2015 EN VEDRA


4 VENRES 4 PARROQUIAS 4 PELÍCULAS
A Asociación Cultural Senunpeso traenos este ciclo para este verán, a primeira das proxeccions será o venres 10 de xullo ás 22:30 h en San Miguel de Sarandón no Campo da festa.

Os Fenómenos
O esplendor e decadencia do ladrillo a través de
Neneta, unha muller que para escapar do seu
pasado entra a traballar na construción cunha
singular cuadrilla de obreiros.

2014. Drama/Comedia
Dirección: Alfonso Zarauza
Con: Lola Dueñas, Luis Tosar, Juan Carlos Vellido, Miguel de
Lira, X. Touriñán...

En colaboración coa A. C. San Campio


XVI FESTA DO ESCALO


XIII FESTIVAL DE BANDAS DE MUSICA DO PATIO