miércoles, 10 de octubre de 2012

NOVO PARQUE BIOSAUDABLE


A Asociación de Veciños de Santa Cruz de Ribadulla co financiamento do Programa Leader Galicia 2007-2013, xestionado polo GDR Terras de Compostela, levou a cabo un proxecto consistente no acondicionamento dun espazo natural na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla destinado a área recreativa, paseo e instalación de parque biosaudable, coa finalidade de mellorar a calidade de vida e benestar dos veciños.

Os obxectivos das actuacións son entre outros:

- Recuperación  e posta en valor dun espazo de gran beleza e patrimonio natural. Mellora do medio ambiente e da contorna rural.

- Fomento do uso social, educativo e recreativo dun espazo natural.Recuperación, mediante a conservación e tratamento de elementos naturais (árbores autóctonas, recuperación do entorno do regato, flora e fauna, ....)

- Este proxecto contribuirá á mellora da calidade de vida da zona,  e fomentaranse hábitos saudables ao aire libre, nun espazo de gran valor natural. Incremento do valor engadido do territorio e dos establecementos e centros turísticos mediante a recuperación de espazos paisaxísticos.

- Interacción e socialización entre os usuarios das instalacións. Mellora social de todos os colectivos de usuarios destas instalacións, mediante a socialización, relación interxeracional, hábitos saúdables, actividades que se organicen, contacto coa natureza en familia ou en grupo de amigos/veciños,…

 

No próximo boletín municipal ampliarase a información sobre este novo espazo de lecer do concello.

lunes, 8 de octubre de 2012

RAFTING POLO RIO ULLA

A xuventude de Vedra volve á aventura!!

Aproveitando as moitas posibilidades que nos ofrece o Río Ulla propoñémosche esta emocionante actividade que consistirá nunha baixada polo río dende Porta Sinde (Carcacía) ata Herbón.
REQUISITOS: Ser maior de idade e saber nadar.

                    Levar roupa de baño e calzado axeitado.

DATA: o sábado 3 de novembro

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA O 31 DE OUTUBRO OU ATA CUBRIR AS PRAZAS no teléfono 981 814 691 ou no correo casadospeons@concellodevedra.com

PREZO: 20 € por persoa (inclúe trasporte, o material para o desenvolvemento da actividade e os monitores da mesma).

 


viernes, 5 de octubre de 2012

II FOLIADA DO SOUTO DE SAN FINS

A Asociación Agarimo de San Fins proponnos para o Sábado 13 de Octubre, na parroquia de San Fins a segunda edición da Foliada do Souto que dará comezo a partir das 21.30 horas.
Todos os presentes podrán gozar cas actuacions dos seguintes grupos folclóricos:

-Son do Souto, de A.C. Agarimo
-Raiolo
-O Ghusto do Boi
-Os Esfolladores
-A Requinta da Laxeira
-Os Imprevistos
 
No campo da festa tamén haberá postos de comida e bebida con precios anti -crisis.

martes, 2 de octubre de 2012

LUVAS VERDES

Continuamos co programa  A LIMPAR VEDRA, despois desta parada estival.

Se tes interés podes colaborar ou tomar parte do proxecto LUVAS VERDES de varias formas:

  • Localizando ou inventariando un  lugar ou espazo que estea sendo utilizado de vertedoiro incontrolado e notificándonolo no concello, ou
  • participando nas PATRULLAS VERDES , como voluntario/a ambiental e axudando na limpeza destes vertedoiros.

 A próxima saída está prevista para o 6 de outubro  e desta volta centraremonos no Río Pereiro e na contorna do muíño de Fufin.

Se queres apuntarte e participar parte neste programa, ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981814612 ou no enderezo electrónico casadospeons@concellodevedra.com.