martes, 31 de marzo de 2015

TodoCosmos traerá a astronomía ata Vedra

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC) organiza, en colaboración con 12 concellos galegos e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), a segunda edición de TodoCosmos, unha salientable actividade de divulgación astronómica que se desenvolverá durante todo o ano en Galicia.

Vedra xunto con Noia, Ordes, Oroso e Padrón únese aos concellos que participaron na edición de 2014, que eran Ames, Lalín, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo ademais da empresa Optica Val.

Nos vindeiros meses vaise desenvolver unha ampla programación entre as que inclúen cursos, obradoiros de telescopios e de reloxos de sol, xornadas escolares, observacións telescópicas e a simple vista, así como visitas guiadas ao Observatorio da USC e aos de Lalín e Ribadeo.
No noso concello estanse a programar observacións telescópicas nocturnas para os meses de verán.

A 1ª CITA ESTE MÉRCORES 1 DE ABRIL ÁS 21.30 H NO CAMPO DA FESTA DE VEDRA


Rede Cultural 2015

Abre o prazo para solicitar o Programa Rede Cultural 2015 da Deputación da Coruña.

Dende hoxe 31 de marzo ata o 20 de abril (ambos inclusive) as asociacións intereseadas en participar neste programa poden solicitar as súas actuacións.

Como novidades:
  • a tramitación dos programas será de xeito telemático
  • deberá presentarse unha solicitude completa por cada espectáculo
Os requisitos imprescindibles para a tramitación telemática son:
·         Correo electrónico da entidade.
·         Certificado dixital da persoa que ocupe a presidencia da asociación (Non Profesionais)
·         Certificado dixital do representante, se é distinto dos anteriores.
Os datos completos das agrupacións artísticas que participan na Rede Cultural poderán consultarse na páxina web da Deputación:

*O departamento de cultura do Concello está á túa disposición para consultas, dúbidas,... sobre este programa.

Se o precisas tamén podes chamar ao 981 814 691
ou escribirnos a cultura@concellodevedra.com
ou visitarnos de luns a venres en horario de 10 a 14 h


viernes, 27 de marzo de 2015

ULTIMA FIN DE SEMANA DE TEATROFILIA

Carteleira da fin de semana:

Venres 27, ás 21.15 h
Pinchacarneiro (Santiago) coa obra "Vilar de Inferno (+8)
 
Sábado 28, ás 21.15 h.
Teatro Carbayín (Asturias)coa obra "Tu y yo y el vecín" (TP)
 
Domingo 29, ás 19.15 h
Aquelando Teatro (Muros) coa obra "A noticia" (TP)
Tira e Afloxe ( San Pedro de Vilanova) "A raíña loba" (TP)
 

jueves, 19 de marzo de 2015

TEATROFILIA

Esta fin de semana conta coa seguinte carteleira:

Venres 20, ás 21.15 h
Grupo de teatro Vacaloura Teátrica (Santiago) coa obra
“Musicando... que é xerundio (TP)

Sábado 21,
Ás 17.00 h. Aula de teatro do CPI de Vedra coa obra “Destino interior” (TP)
AC Cotomanguelo (Orazo) coa obra “En clave rosa” (TP)

Ás 21.15 h. Agrupación teatral Mariñan (Betanzos) coa obra “Martini seco” (TP)

Domingo 22,
Ás 17.00 h. Andaravía Teatro. Brinca Contos (TP)


Ás 19.15 h Tangatutanga (Santiago) coa obra “Urraca” (+8)

lunes, 16 de marzo de 2015

ELABORACION DE CERVEXA ARTESANAL


VIAXE Á NEVE A SAN ISIDRO


II GALA DO DEPORTE NO CONCELLO DE VEDRA

O venres 13 de marzo Vedra homenaxeou ao seu deporte e aos seus e súas deportistas e fixoo cun acto presentado e conducido pola xornalista vedresa Inés Dopazo e coa intención de principio a fin de premiar e felicitar a cada unha das persoas que co seu compromiso, o seu amor e a súa vosa afección e adicación para co deporte, fan que este teña un oco cada vez maior na historia municipal.

Dende logo foi o momento de botar a vista atrás  e analizar os resultados acadados entre abril de 2013 e decembro de 2014 (este sería o período valorado)

A gala contou coa presencia dos clubs deportivos, dos departamentos de deporte dos centros educativos, das  asociacións deportivas  e tamén culturais e de veciños, das empresas que colaboran sempre na medida das súas posibilidades, dos familiares e achegados que sufren e fan posible que os nosos deportistas poidan desenvolver as súas actividade, ...e cunha amplia representación da corporación municipal.

Pero non nos podemos esquecer do noso convidado de honra, Óscar Pereiro. Exemplo  irrefutable de compromiso para co deporte e que na xornada de onte se gañou o cariño e simpatía de todas as persoas presentes e cunha cercanía que a organización lle agradeceu transmiteu os valores deportivos por excelencia: o compromiso, o tesón, a confianza, o compañeirismo,... chegando en algún momento a recordar os seus inicios...   

Nesta segunda gala do deporte que deixou os seguintes gañadores e gañadoras:

Gañadora da Categoría “Mellor deportista de base feminina abril 2013 decembro 2014.  Carla Pérez Corral (Club Olímpico de Vedra)

Gañador da categoría “Mellor deportista de base masculino abril 2013 decembro 2014”. Víctor Bouzón García (Club Olímpico de Vedra)

Gañadoras da categoría “Mellor equipo de base feminino 2013 decembro 2014”: Equipo Benxamín do CEIP Ortigueira
Gañadores categoría “Mellor equipo de base masculino 2013 decembro 2014”: Equipo infantil Escola Deportiva Val do Ulla

Premio especial do xurado á mellor contribución ao deporte  municipal: Manuel Adolfo Silva Fernández (un dos momentos máis emotivos e aplaudidos da noite)

Premio especial do xurado á mellor iniciativa deportiva competivan ou non competitiva orgnaizada no concello: A Carreira Popular de Vedra
Gañadora da Categoría “Mellor deportista promesa feminina abril 2013 decembro 2014”: Alba Gil Crespo (F.S.F. Vedra)

Gañador da Categoría “Mellor deportista de promesa masculino abril 2013 decembro 2014”: Anxo Lema Saavedra

Equipo gañador da Categoría “Mellor equipo promesa masculino abril 2013 decembro 2014”: Equipo xuvenil da E.D. Val do Ulla

Premio especial do xurado á contribución empresearial ao deporte municipal:
Alquimao S.L.
Ramsa: rocas, arcillas y minerales S.A.
Grupo Ulla

Premio especial do xurado á mellor traxectoria deportiva : José Neira Torres (E.D. val do Ulla

Gañadora da categoría “Mellor deportista feminina”: Lorena Sanín Sánchez

Gañador da categoría “Mellor deportista masculino”: Cristian Ingelmo Rodríguez

Premio especial do xurado “Lenda do Deporte Galego”: Óscar Pereiro


Dende logo foi unha xornada inesquecible para todos e todas e quedaron moitas gañas de repetir a experiencia.



jueves, 12 de marzo de 2015

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CONTRARELOXO POR EQUIPOS E 9º DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CONTRARELOXO POR EQUIPOS
O sábado 14 de marzo terá lugar O campionato Galego de Duatlón Contrareloxo por equipos, 2º Duatlón Concello de Vedra.

A proba dará comezo as 16:30 e nela participarán os mellores equipos de galicia. Nesta modalidade, os equipos, compostos por entre 4 e 6 compoñentes, teñen que percorrer a distancia de 5 km correndo, 20 km en bicicleta e 2,5 km correndo, coa particularidade de que o teñen que facer con todos os integrantes xuntos, saíndo cada equipo con unha separación de un minuto e non podendo seguir a estela unhas escadras doutras. Na proba, que se prevé unha participación de 40 equipos, o Olímpico de Vedra contará con representación tanto na categoría masculina como feminina.

9º DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA
Previamente, na maña do mesmo sábado terá lugar o 9º Duatlón Escolar de Vedra, que será clasificatorio para o Campionato Provincial en Idade Escolar. A competición comezará as 11 da mañá coa competición benxamín, para posteriormente dar paso aos alevíns e infantís e rematar as 12:30 coa proba cadete. Na proba participarán deportistas de toda a provincia de A Coruña e unha nutrida representación da escola do club Olímpico de Vedra.

miércoles, 11 de marzo de 2015

II GALA DO DEPORTE DO CONCELLO DE VEDRA

A iniciativa do Concello de Vedra comezouse a organizar a II Gala do Deporte, coa intención de homenaxear ao deporte de Vedra e aos responsables e institucións que fan posible o seu desenvolvemento.

lunes, 9 de marzo de 2015

FIN DA PROGRAMACIÓN DAS XX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA


A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla e o Concello de Vedra puxeron fin á programación das XX Xornadas Arredor da Camelia esta pasada fin de semana coa excursión  ao Pazo de Rubiáns e á Illa de Cortegada. 
O grupo gozou dun día de verán para a visita guiada ao pazo que culminou cunha degustación de viños e un aperitivo nas bodegas de Pazo de Rubians. Despois do xantar no porto de Vilagarcía visitamos, acompañados dun guía, a Illa de Cortegada. 


O xoves anterior, no centro de formación municipal de Vedra, realizouse a charla coloquio sobre os principais problemas e enfermidade da camelia, impartida por Pedro Mansilla, responsable da Estación fitopatolóxica do Areeiro e dedicado á investigación práctica e ao diagnóstico en materia de fitopatoloxía forestal e agraria. No coloquio participaron máis dunha ducia de persoas, sendo unha experiencia moi positiva segundo as impresións das persoas asistentes e complementando a parte formativa das xornadas.


lunes, 2 de marzo de 2015

CHARLA- COLOQUIO E EXCURSIÓN DA CAMELIA

Ultimos días para anotarse nas dúas actividades pendentes na programación das 
"XX Xornadas Arredor da Camelia"

* Charla – coloquio sobre os principais problemas e enfermidades da camelia. O xoves 5 de marzo.


Excursión ao pazo de Rubiáns e á Illa de Cortegada. O sábado 7 de marzo.




















*Prazo de inscrición aberto ata o martes 3 de marzo
no teléfono 981 814 691 ou no mail cultura@concellodevedra.com