XXI XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA DO VAL DO ULLA




A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra organizan as XXI Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo esplendor o día 28 de febreiro no entorno do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.


Estas xornadas enchen de contidos culturais e turísticos os meses de febreiro e marzo con actividades como as mostras, a ruta Btt da Camelia e a maratón, obradoiros de artes plásticas...





PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
  
16º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA

Está aberto o prazo para presentarse ao concurso ata o 19 de febreiro, poderán participar os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Bases:

 Poderán concorrer todos os nenos e todas as nenas da nosa autonomía de entre 3 e 12 anos. Haberá 3 categorías:
A: de 3 a 6 anos.
B: de 7 a 9 anos.
C: de 10 a 12 anos.

 Cada concursante poderá presentar unha única obra, con soporte en cartolina ríxida ou material similar e en tamaño A4.

 O tema será “A Camelia”.

 

 A técnica a empregar será libre, recomendándose as ceras, témperas, acuarelas, rotulacións, lapis de cores, etc.

 Na parte de atrás do traballo figurarán: nome  completo do autor ou autora, enderezo, número de teléfono, idade e centro escolar.

 Os traballos terán que entregarse na Casa do Concello antes do 19 de febreiro de 2016, no seguinte enderezo:
Concello de Vedra
Avda. Mestre Manuel Gómez, 1
15885 Vedra ( A Coruña)

 O xurado estará formado por membros da Asociación Amigos da Camelia e persoas destacadas do mundo das artes.  O fallo do xurado darase a coñecer na semana previa ás Xornadas arredor da camelia e publicarase na paxina web do concello www.concellodevedra.com e no blog vedraconecta.blogspot.com.

  Haberá  un  1º, 2º e 3º premio para cadcategoría.

 Todos os traballos presentados a concurso serán expostos en Santa Cruz de Ribadulla o día 28 de febreiro con motivo das Xornadas arredor da camelia.

10º A entrega de premios aos gañadores e gañadoras terá lugar en Santa Cruz de Ribadulla o día 28 de febreiro.

11º Todas as persoas participantes pola súa mera presentación aceptan integramente as bases deste concurso.

12º A organización reservase  o dereito de modificar, eliminar ou agregar calquera punto a estas bases.

As bases do concurso están colgadas na páxina web do concello www.concellodevedra.com, no blog vedraconecta.blogspot.com.es, e na páxina do facebook www.facebook.com/concellovedra.


14 de febreiro de 2015
Pavillón Municipal de Deportes.

8:30 H. II MARATÓN DE MONTAÑA DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA
A proba terá dous percorridos; un corto (Trail Corto) de 24 quilómetros, no que os participantes tomarán a saída a las 09.30 horas, e  outro largo (Maratón) de 46 quilómetros, que dará inicio a partir de las 08.30 horas. 


Están abertas as inscricións ata o día 10 de febreiro ou ata cubrir prazas  na web http://maratonacamelia.galitiming.com/


9:30 H. VI RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA
Deportistas e afeccionados ao deporte de toda a comunidade terán a oportunidade de participar nesta ruta btt que se celebra en torno a programación da camelia e percorrer as paraxes vedresas ao tempo que practican o seu deporte favorito.
O percorrido rondará os 40 quilometros, é cualificado de dificultade media. Partirá do Pavillón Municipal de Vedra ás 09.30 h da mañá e estará aberto a todos os públicos.

As inscricións están abertas ata o día 10 de febreiro ou ata cubrir prazas na web  http://bttcamelia.galitiming.com/


13 e 20 de febreiro de 2016
Casa das Artes en San Fins de Sales

OBRADOIRO:
ARTES PLASTICAS CON CAMELIA

Obradoiros de debuxo, pintura, modelado e manualidades con materiais de reciclaxe e arte floral impartido por Delio Sánchez (pintor e escultor) e Ana Fernández (escaparatista e monitora de artes).

Grupo infantil e xuvenil (nenos e nenas a partir de 8 anos) os sábados de 16:00 a 18:00 horas.
Grupo adultos (a partir de 18 anos) os sábados de 18:30 a 20:30 horas.

Prezo: 5.00 € con todos os materiais incluídos.
Grupos reducidos

Inscricións e información no Departamento de Cultura do Concello de Vedra ou no teléfono 981814691
  

Día 28 de febreiro

XXI XORNADA ARREDOR DA CAMELIA

Nova ubicación na contorna do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

O ultimo domingo do mes de febreiro, o dia 28, volve a gran mostra da Camelia que coma nas últimas 20 edicións visteu de gala ao noso concello.

Nesta ocasión son moitas as novidades: cambiamos da ubicación a festa, esta vez vaise celebrar na contorna do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla; presentaremos unha mostra moi diferente; o pazo de Santa Cruz será parte dos nosos escenarios,...

Contaremos coas seguintes mostras:

·     Traballo ornamental con camelia: elaborado polas asociacións e parroquias do concello. Contando coa orixinalidade dos nosos participantes crearase un colorido escaparate que terá como único protagonista  a camelia, solo que este ano realizaremos un gran traballo conxunto entre todos  que seguro que vos sorprenderá.

·     Mostra de flor: todas as persoas participantes contarán cun espazo para decorar coas súas camelias. Poderán participar todas as persoas interesadas na camelia, profesionais ou afeccionadas sempre que se inscriban antes das 14:00 horas do día anterior a inauguración.

·     16º Concurso de Pintura infantil, mostra de todos os traballos que os nenos e nenas de Vedra e arredores presentaron ao concurso.

As persoas participantes contarán cun agasallo pola súa colaboración.

Programa:

9:00 -12:00 h. Preparación das exposicións
11:00 h. Visita guiada ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Gratuíta–Inscrición previa)
12:45 h. Inauguración da xornada por D. Juan Armada y Díez de Rivera 
             XI Marqués de Santa Cruz de Ribadulla
13:15 h. Entrega de premios e agasallos de participación para as mostras                             de Flor, Ornamentación con Camelia e Concurso de debuxo infantil
13:30 h. Concerto da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla
14:00 h. Viño Galego
16:00 h. Presentación da Audioguía do Pazo de Santa de Ribadulla (BIC)
16:30 h. Visita guiada ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Gratuíta– Inscrición previa)
17:00 h. Danza do Entroido da Ulla (A Regionalista)
17:30 h. Atranque dos Xenerais da Ulla.
18:30 h. Actuación da Asc. Cultural e Deportiva Raiolo de San Xián de Sales
20:00 h. Clausura e peche das mostras.


5 de marzo de 2016
Centro de Formación Municipal - Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla

ELABORACIÓN ARTESANAL DE XABÓN CON ACEITES ESENCIAIS

11:00 H. cursiño de iniciación na elaboración artesanal de xabón con materias primas 100 % vexetais e de alta calidade como aceite de rosa mosqueta, aceite de oliva,... e incluso aceite de camelia.

Prezo: 5.00 € con todos os materiais incluídos.

Inscricións e información no Departamento de Cultura do Concello de Vedra ou no teléfono 981814691


No hay comentarios:

Publicar un comentario