viernes, 28 de marzo de 2014

II CERTAMEN BANDAS DE MUSICA XUVENIS


O domingo 30 de marzo ás 18.00 horas na Casa Cultural de Santa Cruz de Ribadulla, terá lugar o II Certamen de Bandas de Música Xuvenís que organiza a Escola de Música de Santa Cruz coa colaboración do Concello de Vedra., no que contaremos coas actuacións das Bandas de Música Xuvenís de Caldas de Reis, Vilatuxe e Santa Cruz de Ribadulla.

CONTINÚA A PROGRAMACIÓN DE TEATROFILIA!!!



Venres 28 de marzo:
21.15h Andaravía Teatro (Vedra) coa obra: REPÚBLICA DE GUNDIÁN

Sábado 29 de marzo:
21.15h. Carrachanacacha (Narón) coa obra: CIPRIANO DE BEQUELAR...
 
 
 
 
Domingo 30 de marzo:
14.15h TARDE INFANTIL:
  • Grupo de Teatro da A.C. Cotomanguelo (Orazo) coa obra: OS CINCO NENOS E VIVE A TÚA VIDA
  • Nenos de San Miguel de Sarandón coa obra: A CAIXIÑA E AS MÁSCARAS
  • Tira e Afloxa cativos de San Pedro de Vilanova coa obra: UN CONTO. 
19.15h A panadaría (Vigo) coa obra: PAN PAN


 

jueves, 27 de marzo de 2014

PRESENTACION PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA ESCOLA DE MUSICA

A Escola de Musica Santa Cruz de Ribadulla - Concello de Vedra cumple este ano o seu 25 aniversario, e vaino celebrar cunha programación anual chea de actividades que presentaban hoxe en Sargadelos.

jueves, 20 de marzo de 2014

TEATROFILIA 2014

Esta fin de semana arranca o novo programa de TEATROFILIA!!!!!!!!!!!

Non o podes perder!!!!!!

lunes, 17 de marzo de 2014

400 duatletas no I Duatlon Concello de Vedra

Case 400 duatletas déronse cita en Vedra este sábado na cuarta proba do circuito galego que gañou Brais Canosa
En féminas victoria de Carmen Gómez e por clubes do Arcade e do Tríatlon Ferrol. Ampla representación do Olímpico de Vedra, pero mermados pola baixa de varios dos seus primeiros espadas, destacando Miguel Daporta que acariñou o podio cun excepcional 4º posto, o 2º posto sub23 da debutante Patricia Gómez e 6º posto por equipos masculino e feminino.
Excepcional estreno no calendario galego do I Dúatlon Concello de Vedra, cuarta proba puntuable para o circuito galego e última opción de clasificarse para o campionato galego. Cun rotundo éxito de participación, sendo a proba máis concurrida superando as celebradas en datas pasadas en O Carballiño, Guitiriz e Lugo, con máis de 230 deportistas, que xunto os preto de 170 participantes pola mañá no 8º Dúatlon Escolar elevaban a participación ata cerca dos 400 atletas.
Espectacular foi a proba Elite masculina, cun circuito variado pero rapidísimo e coa presenza de 90 duatletas que buscaban as últimas 22 prazas para o campionato galego. A victoria foi para Brais Canosa, ao que secundaron no podio Brais Misa e Miguel Vidal. A soamente catro segundos do podio quedou o local Miguel Daporta, nunha excepcional remontada, e destacadas posicións tamén para Pedro Outerelo 26º e Jacobo Crego 34º, o que lle daba o Olímpico o 6º posto, a menos de un minuto do podio, e a eles dous a clasificación para o campionato galego, onde o Olímpico terá a catro representantes.
A proba feminina foi un monólogo do Tríatlon Ferrol, facendose as súas tres integrantes co podio o completo. Primeira foi Carmen Gómez, segunda Inés Santiago e terceira Sara Guerrero. Suliñar tamén a ilustre participación na categoría de paraduatlon, da campioa do mundo de paratríatlon Susana Rodríguez. A representación local saldouse co segundo posto sub 23 de Patricia Gómez, completando a actuación do Olímpico Rita Cabanelas e Alejandra Cordón co que lle daban ao club o 6º posto por equipos. Anteriormente a esta proba tiña lugar a proba masculina sen corte, na que tomaban a saída unha centena de duatletas cunha nutrida participación do club Olímpico de Vedra.
Paralelamente na mesma xornada, pero pola mañá, celebrouse o 8º Dúatlon Escolar de Vedra, dentro do calendario Xogade, proba clasificatoria para o campionato provincial. Deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, debutaban así esta tempada na modalidade, dándose cita preto de 170 participantes.
  

Así pois unha excepcional xornada de deporte a vivida este sábado en Vedra, cunha gran participación local, ainda que mermados por moitas importantes baixa, sendo así un reto máis que supera o Olímpico de Vedra, que continúa a superarse cada ano, nesta ocasión co reto de coorganizar xunto co Concello de Vedra o I Duatlón Concello de Vedra, engadindo así unha cita máis ao seu calendario de eventos.

viernes, 14 de marzo de 2014

PRESENTACIÓN DO I DUATLON CONCELLO DE VEDRA

Este xoves as 12:00 presentouse a primeira edición do Dúatlon Concello de Vedra, cuarta proba puntuable para o circuíto galego de dúatlon de estrada.

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, o Director Técnico da Federación Galega de Tríatlon, Luís Piña e o responsable de tríatlon do club Olímpico de Vedra, Ismael García, como coorganizadores do evento, eran os encargados de explicar os pormenores da mesma.

O I Duatlón concello de Vedra contará con unha participación de 233 duatletas que deberán afrontar unha distancia de 5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira.

As 16:00 terá lugar a saída da proba popular, con 104 corredores. Será a partir das 17:30 cando teñan lugar as probas elite feminina, con 39 deportistas, e 10 minutos máis tarde producirase a saída elite masculina, con 90 duatletas en busca das últimas 22 prazas que dan acceso ao campionato galego que se disputará o día 29 de marzo en Compostela.

Previamente, pola mañá, terá lugar o 8º duatlón escolar de Vedra, dentro do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte tamén coorganizado polo club Olímpico de Vedra, o Concello de Vedra e a Federación Galega de Tríatlon. A xornada dará comezo as 11:00 e a primeira das probas será a benxamín, que contará cunha participación de 39 cativos que deberán afrontar un percorrido de 500 metros correndo, 2000 en bicicleta e 250 novamente a pe. Posteriormente tomarán a saída os 59 participantes na proba alevín, que correran 1000 mertros a pe, 4000 en bicicleta e 500 a pe. A proba infantil, con 39 participantes, constará de 1500 metros de carreira, 5600 de ciclismo e 750 de carreira. Os 29 cadetes serán os ultimos en competir, cunhas distancias a cubrir de 2000 metros a pé, 8400 de sector ciclista e outra vez 1000 metros de carreira.

As dúas probas contarán ademais cunha ampla participación dos deportistas locais do Olímpico de Vedra, con 16 duatletas na proba absoluta, completando ademais os equipos masculino e feminino na proba elite e 16 deportistas no duatlon escolar. En total 32 deportista, na que constitúe a participación máis ampla do club nun dúatlon, unha mostra máis do crecemento desta entidade.

Así pois, este sábado será o día do Dúatlon en Vedra, coa presenza de case 400 deportista e con un operativo montado de preto de 50 voluntarios que velarán porque a xornada sexa un éxito, non so de participación que xa está asegurado, senón tamén de cara o público.

jueves, 13 de marzo de 2014

XXXI Festa da Augardente da Ulla


Os veciños e veciñas de San Mamede de Ribadulla recuperan a súa tradicional Festa da Augardente da Ulla.

O domingo 16 de marzo celebrarán a XXXI Festa da Augardente da Ulla cun cartel espectacular.

Dende as 11.00 h co encendido das potas ata ben entrada a noite haberá festa rachada!!

Non a perdas!!!!

miércoles, 12 de marzo de 2014

POSTA A PUNTO. RAFTING NO RÍO ULLA

PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA A XUVENTUDE


Poñemos en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e formación para a xente nova do concello.

A proposta consiste en desenvolver diferentes obradoiros e actividades entre os meses de xaneiro e xuño de 2014.

- A temática é variada.

- Terán unha duración de 2:00 h.

- Están dirixidos aos/ás xóvenes de entre os 14 ata os 35 anos.

As prazas son limitadas.

Dentro deste programa, este sábado 15 de marzo é a quenda do Rafting no río Deza!!

Faite con algunha das últimas prazas para participar!!

 
Por 20 € pasa unha xornada diferente e moi entretida!!

*Só tes que chamar ao 981 814 691

martes, 11 de marzo de 2014

I DUATLON CONCELLO DE VEDRA

CIRCUITO GALEGO DE DUATLON DE ESTRADA
 

O sábado 15 de marzo, terá lugar o I Duatlon Concello de Vedra organizado polo Club Olimpico de Vedra, O Concello de Vedra, Triconcept e a Federacion Galega de Tríatlon e P.M.


HORARIOS DAS CARREIRAS

Primeira Carreira Masculina sen corte. Saída as 16:00 horas

Carreira Feminina. Saída as 17:30 horas.
Segunda Carreira Masculina. Saída as 17:40 horas.

ENTREGA DE TROFEOS AS 19:30 HORAS
 
TROFEOS:
Aos 3 primeiros masculino e feminino absolutos e de cada categoría
 
PREMIOS ECONÓMICOS
1º clasificado e 1ª clasificada absolutos 150 €
2º clasificado e 2ª clasificada absolutos 100 €
3º clasificado e 3ª clasificada absolutos 50 €
1º club masculino e feminino 200 €

Máis información en http://www.olimpicodevedra.org/#!i-duatlon-concello-de-vedra/c1xee )

8º DUATLÓN ESCOLAR DE VEDRA

DÍA:  15 de Marzo 
LUGAR: San Fins de Sales, Vedra
HORA:  a partir das 11:00 h.

 
ORGANIZA
Club Olímpico de Vedra
Federación Galega de Tríatlon e P.M.

PATROCINA E PROMOVE
Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para o Deporte
 
 
Horarios das probas:
11:00 h. CARREIRA BENXAMÍN
11:20 h. CARREIRA ALEVIN

 
11:50 h.CARREIRA INFANTIL
12:30 h. CARREIRA CADETE


(máis información en http://www.olimpicodevedra.org/#!duatlon-escolar-de-vedra/c1bex )