Fixoo despois de realizar durante os meses de marzo, abril e maio ata 6 obradoiros, todos eles relacionados coa muller no rural en diferentes eidos.
A muller no traballo; muller na casa; muller e educación; mulleres na sexualidade; saúde e coidados e finalmente muller e asociacionismo.
Este último pretendía destacar a labor que desenvolve a figura da muller na participación social. Para conseguilo realizaronse varias presentacións dos obxectivos e accións de cada unha das entidades participantes que puxeron de manifesto o enorme dinamismo asociativo existente en Vedra e como non o importante papel da muller no mesmo. Estas asociacións foron:
- A.C. Raiceiros que presentou o seu traballo de coplas ulláns.
- A.C. Silandeira que presentou a súa entidade con unha actuación de pandereteiras.
- A.C. San Campio coa actuación do grupo de pandereteiras Dedaleiras.
- A.C. Senunpeso relacionada co ámbito audiovisual, que fixo referencia á súa actividade estrela coñecida como LAV (Laboratorio Audiovisual de Vedra).
- A.C. Papaventos que contou a súa experiencia de vida e os seus dez anos de Teatrofilia, engadindo unha nota de humor cun monólogo.
Tamén se contou coa presencia da Asoc. Teense pola Igualdade, que presentou a súa realidade no concello limítrofe.
Xa para rematar a anfitriona Berenguela clausurou as xornadas mostrando a súa andaina e os seus proxectos de futuro.
Tratouse dun perfecto punto e final a un proxecto que cumpriu as espectativas iniciais e que supuxo un importante pulo ao quefacer da Asociación Berenguela pola Igualdade.
La verdadera liberación como ser humano de la mujer del campo gallego no consiste en igualarse al hombre, eso significaría que fuera indolente y despreocupada respecto a la familia. No saliera del bar y se echara buenas siestas. La liberación de la mujer rural debería ser tener tiempo para ella misma. Y ser tratada en plano de igualdad con el hombre. Que desapareciera el refrán de en Galicia mejor ser hombre o vaca.
ResponderEliminar