jueves, 28 de mayo de 2015

POSTA A PUNTO: EXPLORANDO O MEU FUTURO PERSOAL


GOZA DO ULLA 2015

Percorrido polas rutas de sendeirismo dos Concellos do Ulla


“GOZA DO ULLA” é un programa no que actualmente participan 19 concellos bañados polo río Ulla: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Santiso, Agolada, Arzúa, Vila de Cruces, Silleda, Touro, Boqueixón, A Estrada, Vedra, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Catoira, Dodro e Rianxo.

E que pretende dar a coñecer, a través de roteiros de sendeirismo a realizar en cada un destes concellos, o valioso patrimonio natural, cultural, arqueolóxico e paisaxístico dos concellos que o integran.

 Próximos Roteiros:
palas de Rei (Ruta das Torrentes): 31 de maio. Inscríbete no telf: 982380001
Antas de Ulla (Ulloando polo nacemento): 14 de xuño. Inscríbete no telf: 982379251
Boqueixón (Roteiro do Río Grande e Pescadores) : 20 de xuño. Inscríbete no telf: 981513061


Máis información e inscricións nos concellos participantes,  no mail gozadoulla@gmail.com,  no blog: http://vedraconecta.blogspot.com.es e no facebook: http://facebook.com/gozadoulla 

martes, 26 de mayo de 2015

TALLER DE ELABORACIÓN DE COSMÉTICOS E XABONS

PLAN DE FORMACIÓN MULLERES

FOMENTO DO EMPREGO E DA CREATIVIDADE FEMENINA

O GDR deseñou as seguin-tes actuacións de formación e capacitación para conse-guir un incremento cuantita-tivo do número de mulleres activas e diminuír o desem-prego feminino.
Este proxecto esta orienta-do a capacitación das parti-cipantes na COSMÉTICA
NATURAL, a base de pro-dutos naturais (aceite de oliva, ácido cítrico, aceites esenciais, plantas: romeu, salvia, lavanda, tomillo, ......) e sobre todo utilizan-do produtos da zona (leite, esencia de camelia, uvas, …) así como a familiariza-ción ca normativa e lexisla-ción e a comercialización

TEMÁTICA
 Cosmética laboral
 Elaboración de Xabóns artesanais
 Lexislación de aplicación
 Marketing e cosmética.

Duración: 65 horas

A QUEN VAI DIRIXIDO
Os destinatarios destas accións serán prioritaria-mente mulleres creativas que habiten no rural, con gusto pólas cousas ben feitas, que estean en situa-ción de desemprego ou traballen a media xornada.


LUGAR E DATA
“Fomento da Emprego e a creatividade Femenina”
Medida 431 B—Promoción Económica
Sede de Terras de Compostela. Cibrán - San Xulian (Vedra) Fecha de inicio: 2 de xuño
(terá lugar todos os martes) Hora: 10:00 - 14:00
No caso de conseguir grupo, estable-ceríase outra sede en Negreira o mesmo día de 16:00– 20:00 H.

ORGANIZA
ASOCIACIÓN TERRAS DE COMPOSTELA
Cibran, nº 4 - San Xulián de Sales 15864 VEDRA
Teléfono: 981 81 83 57 info@terrasdecompostela.org



CURSO DE DINAMIZACIÓN DE RECURSOS TURÍSTICOS

A Asociación Terras de Compostela organiza este plan de formación co obxetivo de valorizar os recursos naturais, patrimoniais, arquitectónicos, etnográficos do territorio do seu ámbito de actuación a través accións de formación e información dirixidas a responsables de establecementos do sector turístico e de puntos de información, ca finalidade de que adquiran un amplo coñecemento dos recursos existentes no territorio e así llo transmitan os seus clientes e visitantes da zona, e meioren así a súa acollida.

Pretendese ademais que se formen lazos de colaboración entre os asistentes, xa que un territorio, constrúese, dinamizase e valorizase entre todos, e sobre todo meiorar a súa atención ó cliente

Metodoloxía:
 Sesións teóricas
 Sesións prácticas : Visitas o territorio

Data de presentación: Mércores 3 de xuño
 Hora: 10:00 – 13:00 horas
 Lugar: Sede GDR, Cibrán, nº 4 - San Xulián de Sales ( Vedra)
A partir do día da presentación, as clases serán todos os LUNS.
No caso de conseguir grupo, estableceríase outra sede en Negreira que tería lugar os mesmos días de 16:30 – 19:30. Este curso ten carácter gratuito

IX DÍA DA BICICLETA EN TROBE


FESTIVAL DE CLAUSURA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS


DATA:  xoves 28 de maio
HORA: ás 17:00 horas
LUGAR: Pavillón Municipal de Deportes

Os participantes das Escolas Deportivas de Patinaxe, Baloncesto, Baile Moderno e Karate realizarán unha exhibición das habilidades  adquiridas durante este curso que xa remata.


Haberá inchabes e moita diversión para os participantes.

jueves, 21 de mayo de 2015

III SERÁN DAS LETRAS


PARABÉNS PARA O FSF VEDRA

As rapazas do Vedra F.S.F. proclamáronse campionas da liga local do concello de Santiago, despois clasificarse na primeira fase como quintas da táboa, e facer un EXCELENTE play off, onde logo de moito loitar conseguiron o primeiro posto.

Este equipo, que se formou hai tan só dúas tempadas, está cheo de ilusión e ganas de pasalo ben practicando fútbol sala, e deixar o nome do concello o máis alto posible da clasificación.

Día Europeo da Rede Natura 2000

O  21 de mayo é o Día Europeo da Rede Natura 2000. Unha celebración na que se quere dar a coñecer e que se recoñeza o valor desta gran rede de espazos protexidos entre a que se atopa o Concello de Vedra.

Baixo o lema "O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo", a campaña fai un chamamento para que os cidadáns envíen una foto facendo unha mariposa coas mans a través da web www.natura2000day ou das redes sociais co hashtag #Natura2000Day.

http://www.natura2000day.eu/#


miércoles, 20 de mayo de 2015

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACION DA CORUÑA

Os campamentos vanse a desenvolver o vindeiro mes de xullo e estarán destinados a dous grupos de idade:

GRUPO
PRAZAS
DATA
INSCRICIÓNS
A
 DESTINATARIOS: rapaces/as nados nos anos 2005, 2004, 2003, 2002 e 2001
3
28 de xuño ao 4 de xullo
Ata o 29 de maio
B
DESTINATARIOS: rapaces/as nados nos anos 2000, 1999, 1998
Sorteo na Deputación
19 ao 25 de xullo
Ata o 29 de maio

Para o GRUPO A,  correspóndelle ao concello a selección dos rapaces/zas, utilizando o sistema de sorteo ante o secretario do concello, no caso de que o número de solicitudes sexa superior o de prazas ofertadas.

Para o GRUPO B, o sorteo realizarase na Deputación Provincial, entre os inscritos nos distintos concellos.

Este campamento ten unha clara orientación deportiva mediante a realización de actividades náuticas, equitación, deporte de aventura, piragüismo, paseos en barco, así como a practica do fútbol,tenis, volei praia, voleibol, baloncesto, aerobic, baile, etc.

Este ano, como novidade, engádese unha semana adicada os mais maiores, que mesturara talleres de inglés (listening/speaking/reading and writting), xunto co deporte.

A estancia e manutención realizarase nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña, durante o mes de xullo. A Deputación asumira a maior parte dos gastos, estancia e manutención, así como o transporte interno para realizar as actividades programadas.

A cota por participante será de 85 €

Se estás interesado en participar ou en obter máis información sobre os campamentos podes chamar ao teléfono 981 814 691.


miércoles, 13 de mayo de 2015

... Vedra tamén está coas letras galegas!!

E para homenaxealas presenta a campaña:
As nosas palabras!!!!!!!!

Con ela só se quere facer visible a beleza e diversidade do noso idioma a través das persoas que o empregan cada día e cunha simple palabra pódese conseguir.

Por iso colocamos estes paneis en diferentes puntos con actividades culturais do concello para que cada quen escriba neles a súa palabra preferida do galego!!

DATAS E LUGARES: Do 14 ao 21 de maio no museo Paz Camps, na biblioteca de Vedra, no centro sociocultural de Vedra e no Serán das Letras da Asociación Cultural San Campio.

E como non as redes sociais non poden quedar fóra, así que propoñémosche que entres no noso facebook e nos escribas a túa palabra!!


I CONCURSO SERÁN DAS LETRAS


martes, 12 de mayo de 2015

EXPOSICIÓN OBRADOIRO DE PINTURA

XOVES 14 DE MAIO ÁS 20 H NO MUSEO PAZ CAMPS


Os obradoiros de pintura do concello de Vedra abren as portas do museo este xoves para presentar o resultado dos seus meses de traballo.

Convidante a que visites a súa exposición!!

Non o dubides e achegate!!


HORARIOS DE APERTURA DA EXPOSICIÓN AO PÚBLICO:

Do 14 de maio ao 14 de xuño
- Venres de 17 a 21 h.
- Sábados de 11.30 a 13.30 h. e de 19 a 21 h.


- Domingo de 11.30 a 13.30 h.

miércoles, 6 de mayo de 2015

TODOCOSMOS ACHEGASE AOS CENTROS ESCOLARES DE VEDRA

Continuamos co programa TODOCOSMOS que organiza o Observatorio Astronómico Ramón María Aller en colaboración con 12 concellos galegos entre os que se atopa Vedra, e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Este programa ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

No noso concello xa comezaron as actividades o pasado 1 de abril cunha observación nocturna dende o campo da festa de Vedra. Esta primeira observación tivo un grande éxito de participación e estivo precedida dunha pequena charla explicativa por parte do persoal do Observatorio Astrónomico.

As seguintes das actividades previstas para o noso concello serán unhas charlas nos centros educativos durante a primeira semana de maio e destinadas fundamentalmente ao alumnado de  primaria.

CALENDARIO: Venres 8 de maio

CPI DE VEDRA: 
  • 10.25 h. para os grupos de 1º, 2º,3º de primaria
  • 12.00 h. para os grupos de 4º, 5º,6º de primaria
CEIP DE ORTIGUEIRA:
  • 15.00 h. os grupos de primaria




martes, 5 de mayo de 2015

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

O vindeiro xoves 7 de maio, unha unidade móbil con persoal sanitario do Centro de Transfusións de Galicia visitará Vedra.
LUGAR: Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)- Diante do Supermercado Carrillo.
HORA: de 16:00 a 21:00 horas
Se tes pensado realizar unha doazón, debes ter en conta que antes da mesma un médico farache unha entrevista confidencial para descartar calquer aspecto que impida a realización desta. Mídese o pulso e a tensión sanguínea. Extraese unha gota dun dedo para medir o nivel de hemoglobina e descartar unha posible anemia.
Para doar sangue non é preciso ir en xaxún, tan só esperar duas horas desde a última comida. O acto de doar non debilita o organismo, pero de todas formas ofréceselle ao doante un pequeno refrixerio, auga ou refrescos e algún alimento sólido.
A doazón dura aproximadamente cinco minutos, é un procedemento totalmente seguro que utiliza material estéril de un só uso e non hai ningunha posibilidade de contraer enfermidades infecto-contaxiosas.
A doazón de sangue é un acto necesario para que moitas persoas poidan solucionar os seus problemas de saúde e incluso salvar a vida.

VAL DO ULLA ASCENDE A PRIMEIRA AUTONOMICA

Parabéns ao Val do Ulla CF polo seu ascenso a Primera Autonómica!!!!!!!!!!!!

lunes, 4 de mayo de 2015

CLAUSURA UP+ VEDRA

O próximo xoves 7 de maio ás 19h vai ter lugar a clausura do programa UP+ desenvolvido polo grupo Arestora en colaboración co concello de Vedra.

Ao longo dos últimos 6 meses fomentaronse varias accións dirixidas a dinamizar e orientar os cidadáns a través de iniciativas eficaces de autoempleo e tamén se incideu na mellora das empresas da zona.


O acto vai ter lugar no Centro de Formación Municipal (Casa da Estación de Ferrocaril de Santa Cruz de Ribadulla) onde os participantes presentarán os proxectos nos que traballaron ao longo do programa.