Os obxetivos desta conmemoración son darlle unha
cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en
axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel
fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais, e
fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen
dun futuro máis prospero e seguro.
O Concello de Vedra tamén quere facerche chegar a
súa mensaxe nunha data tan sinalada coma esta. E para iso quere alentar á
veciñanza a continuar coas boas practicas en tema de residuos e reciclaxe e
agradecer o esforzo que supón a súa correcta xestión.
Sabemos que non é fácil pero coa túa colaboración
conseguirémolo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario