Durante o transcurso da
proba haberá cortes puntuais de pistas, e contarase con todas as medidas de
seguridade dispoñibles para facilitar o paso dos ciclistas, polo que vos
solicitamos a vosa colaboración, ao igual que na anterior Volta ciclista a
España, para que o transcurso da proba
discorra coa maior seguridade posible.
Precisamos voluntarios
de cada parroquia para regular o trafico
e aportar seguridade nos cruces do itinerario. A proba celebrase entre
as 14:00 e as 17:00 horas, aínda que os voluntarios só terán que estar nas
horas que pase pola súa parroquia. Na vindeira semana distribuiremos os
horarios detallados. Todos os voluntarios estarán identificados cunha camiseta
específica da volta para que sexan visibles.
Facemosvos un chamamento e contamos con vós. Todo aquel voluntario que estea interesado en participar, que nolo faga saber
no teléfono 981814691 ou no mail cultura@concellodevedra.com .
No hay comentarios:
Publicar un comentario