O Concello de Vedra estará presente na Feira Internacional de Galicia que se celebrará do 12 ao 15 de xuño.
FESTUR 2014 é un novo certame que estará protagonizado polas festas de interese turístico e que terá lugar de forma paralela á 37ª Semana Verde de Galicia.
FESTUR 2014 contará cunha área expositiva na que os organizadores destas festas destacadas pola súa antigüidade, arraigo popular e orixinalidade informará aos visitantes sobre as mesmas e lles explicarán as súas peculiaridades e atractivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario