Unha iniciativa da Deputación Provincial da Coruña, na que participarán un total de 16 equipos da categoría de Elite e sub 23, coas 7 formacións galegas xunto a outras 8 do resto de España e o “Liberty Seguros” de Portugal.
Esta Volta terá como sedes os concellos de Vedra, Touro e Melide e nela percorrerán máis de 400 km nas xornadas do 6,7 e 8 de xuño.
Vedra será a protagonista da primeira destas etapas mañá venres 6 de xuño.
Farao co percorrido Vedra – Vedra, na cal se percorrerán as 12 parroquias do municipio ( na maioría dos casos incluso dúas veces).
A saída e a chegada será no entorno do Pazo de Ortigueira.
Acompaña a estes deportistas nunha xornada deportiva tan especial!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario