miércoles, 11 de junio de 2014

NOITE DE MUIÑADA EN VILANOVA

O sábado 14 de xuño a partir das 20:00 h., a comisión de festexos e a Asoc de Veciños desta parroquia propoñenche pasar un serán diferente!!

* Haberá sardiñas, churrasco, papas de millo, viño, queimada,…


Non faltará a música nin os xogos tradicionais … e todo baixo o encanto da lúa chea neste entorno máxico da Área de Interpretación dos Muíños en Vilanova!!

XXIV Romaría da Terceira Idade


DATA: SÁBADO 14 DE XUÑO
HORA: A partir das 12.30 h


LUGAR: No entorno da Casa da Terceira Idade de Vedra

Haberá misa, actuacións e xantar!!
Os nosos maiores reuniranse coma cada ano. Será para eles unha gran xornada!!

martes, 10 de junio de 2014

ESTE VENRES...FIN DE CURSO


A Gardería Municipal de Vedra
Celebra o fin do curso 2013-2014

DATA: VENRES 13 DE XUÑO
HORA: ÁS 17.30 h
LUGAR: CASA DA CULTURA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA



O CRA Boqueixón - Vedra remata o Curso 2013 – 2014

Para celebralo a ANPA CRA Boqueixón – Vedra organiza unha tarde de festa para dar por rematado este curso escolar.

DATA: VENRES 13 DE XUÑO
HORA: ÁS 16.30 h
LUGAR: CARBALLEIRA DE O SOUTO (SAN FINS)

VEDRA NA SEMANA VERDE DE SILLEDA


O Concello de Vedra estará presente na Feira Internacional de Galicia que se celebrará do 12 ao 15 de xuño. 

FESTUR 2014  é un novo certame que estará protagonizado polas festas de interese turístico e que terá lugar de forma paralela á 37ª Semana Verde de Galicia.

Esta I Feira de Festas de Interese Turístico, que conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia, está concibida como un escaparate da gran oferta de celebracións con esta distinción que existen na comunidade galega, converténdose en espazo de encontro entres estas citas festivas e o público interesado no seu coñecemento e desfrute. 

FESTUR 2014 contará cunha área expositiva na que os organizadores destas festas destacadas pola súa antigüidade, arraigo popular e orixinalidade informará aos visitantes sobre as mesmas e lles explicarán as súas peculiaridades e atractivos.

Proxecto Expositivo da Aula de Plástica do CPI Plurilingüe de Vedra


Os alumnos e alumnas da aula  de plástica do CPI Plurilingüe de Vedra presentan os traballos elaborados durante este curso escolar.

DATA: XOVES 12 DE XUÑO
HORA: ÁS 17.30 H

LUGAR: MUSEO DE INTERPRETACIÓN DE VEDRA 
           (NO ENTORNO DA IGREXA PARROQUIAL DE VEDRA)

Será unha ocasión única para sorprendernos cos traballos destes escolares.

A exposicion estará aberta no seguinte horario:
  • O venres 13 de xuño de 18 a 20 h.  
  • O sábado 14 de xuño de 18 a 20 h.
  • O domingo 15 de xuño de 11:30 a 13 h.             

jueves, 5 de junio de 2014

Chega a Vedra a XIII Volta Ciclista á Provincia da Coruña.

Unha iniciativa da Deputación Provincial da Coruña, na que participarán un total de 16 equipos da categoría de Elite e sub 23, coas 7 formacións galegas xunto a outras 8 do resto de España e o “Liberty Seguros” de Portugal.
Esta Volta terá como sedes os concellos de Vedra, Touro e Melide e nela percorrerán máis de 400 km nas xornadas do 6,7 e 8 de xuño.
Vedra  será a protagonista da primeira destas etapas mañá venres 6 de xuño.
Farao  co percorrido  Vedra – Vedra, na cal se percorrerán as 12 parroquias do municipio ( na maioría dos casos incluso dúas veces).
A saída e a chegada será no entorno do Pazo de Ortigueira.
Acompaña a estes deportistas nunha xornada deportiva tan especial!!!

DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 Este ano o Día Mundial do Medio Ambiente esta adicado a os Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento. O slogan escollido é “Levanta a túa voz, non o nivel do mar”.
Os obxetivos desta conmemoración son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O Concello de Vedra tamén quere facerche chegar a súa mensaxe nunha data tan sinalada coma esta. E para iso quere alentar á veciñanza a continuar coas boas practicas en tema de residuos e reciclaxe e agradecer o esforzo que supón a súa correcta xestión.
Sabemos que non é fácil pero coa túa colaboración conseguirémolo.