lunes, 18 de marzo de 2013

ÉXITO DA RUTA BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

Na mañá de onte domingo 17 de marzo desenvolveuse no Concello de Vedra unha nova edición da Ruta Btt da Camelia polo Val do Ulla.
Ás 09.45 h saíron as máis de 250 persoas  inscritas na actividade, dispostos a gozar dunha magnifica mañá de deporte e das estupendas paraxes do concello.
Tratouse dunha etapa de 40 km que fixeron as delicias das persoas participantes.
Esta actividade  non foi competitiva, aínda así  cabe salientar os tres primeiros ciclistas en cruzar a liña de meta:

-         Manuel José Prado López
-         Alfonso López Martinez
-         José Antonio Camiño Framil

Tras a proba a organización e a través do alcalde do Concello de Vedra Carlos Martinez Carrillo, o presidente da Federación Galega de Ciclismo Manuel Tallón e dos recoñecidos ex-ciclistas Ezequiel Mosquera e Miguel Manteiga entragaron os seguintes trofeos:

-         Trofeo ao participante masculino máis veterano:Ramiro Fernández Arca
-         Trofeo á participante feminina máis veterana: María Villaverde Jendra
-         Trofeo ao clube participante máis numeroso:  Bikestrada
-         Trofeo ao clube máis lonxano: Club do Mar de Mugardos Pulpeiros

Tamén houbo sorteos con diferentes premios  como unha  noite de turismo rural en Vedra, cea nun restaurante de Vedra e productos do concello.

Con esta ruta btt a Asociación Amigos da Camelia  do Val do Ulla da por rematada a programación das XIX Xornadas Arredor da Camelia.

 

viernes, 15 de marzo de 2013

AXENDA DA FIN DE SEMANA EN VEDRA

 

Continua ...
TEATROFILIA 2013
Esta fin de semana A Asociación Cultural Papaventos proponche a seguinte programación no Centro Social da Terceira Idade de Vedra:
Venres 15 de marzo:
- Ás 21.15 h. Teatro Avento (Vigo)
coa obra “Fantasticks” (TP)
Sábado 16 de marzo:
- Ás 21.15 h. Grupo de Teatro Coelima de Guimaraes (Portugal)
coa obra “Assim nasceu Pevidém” (TP)
Domingo 17 de marzo:
- Ás 19:15 h. Grupo Avelaiña Teatro (Pontevedra)
coa obra “María Castaña” (TP)
O DOMINGO 17 DE MARZO “RUTA BTT DA CAMELIA”
A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla pecha a súa programación das Xornadas Arredor Camelia este vindeiro domingo 17 de marzo coa Ruta Btt da Camelia.
Marcha ciclodeportiva que conta con máis de 250 persoas inscritas e que está incluída no calendario da Federación Galega de Ciclismo.
Entre as persoas participantes esta proba contará coa presencia e participación do recoñecido ciclista Ezequiel Mosquera.
A saída da proba efectuarase ás 09.30 h no lugar do Campo da Festa de Tomonde en Santa Cruz de Ribadulla – Vedra, da man do alcalde de Vedra e presidente da Asoc. Amigos da Camelia don Carlos Martinez Carrillo e do Presidente de Federación Galega de Ciclismo.
* A entrega de premios e a realización dos sorteos terán lugar a partir das 13.30 h. no Campo da Festa de Tomonde. Anímate a votar unha ollada!!

jueves, 28 de febrero de 2013

X Mostra de Teatro Amador Teatrofilia 2013


No mes de marzo o protagonista é sen dúbida o TEATRO, que coma sempre chegará da man da Asociación Cultural Papaventos.

Este ano a Mostra de Teatro Amador Teatrofilia  cumpre dez anos!!

 
PROGRAMA:

- Venres 8 de marzo ás 21:15 h: Asociación Cultural San Campio (San Miguel de Sarandón, Vedra) con ”A tía Asunción vén da Arxentina” e “A diferenza salta á vista” e Tira e Afloxa (S. Pedro de Vilanova, Vedra) con “Ao pé da lareira” .

- Sábado 9 de marzo ás 21:15 h: Ullán Teatro (Santa Cruz de Rivadulla, Vedra) con “Ghrelos Crest”

- Domingo 10 de marzo ás 16:45 h: Talía Teatro cunha obra infantil e ás 19:15 Talía Teatro con “Pelos na lingua” (Grupo profesional)

- Venres 15 de marzo ás 21:15 h:  Teatro Avento (Vigo) con “Fantasticks”

- Sábado16 de marzo ás 21:15 h: Grupo de Teatro Coelima de Guimaraes con “Assim nasceu Pevidém”.

- Domingo 17 de marzo ás 19:15 h: Avelaíña Teatro (Pontevedra) con “María Castaña”.

- Venres 22 de marzo ás 21:15 h: Aula de Teatro da USC (Santiago de Compostela) con “Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo”.

 - Sábado 23 de marzo “Gala X aniversario”

- Domingo 24 de marzo ás 16:15 h: Tarde infantil: Grupo de Teatro da A. C. Cotomanguelo (Orazo); Nenos de San Miguel de Sarandón (Vedra); Tira e Afloxa Cativos.

E ás 19:15 h NNC Teatro (Santiago de Compostela) con “Pim, Pam, Clown”.

 

  • PREZO DA ENTRADA: 2 €
  • PREZO DO BONO: 5 €

miércoles, 13 de febrero de 2013

POSTA A PUNTO: COCIÑA DE SUPERVIVENCIA II

PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA A XUVENTUDE

Poñemos en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e formación para a xente nova do concello.

A proposta consiste en desenvolver un obradoiro diferente os terceiros venres de cada mes entre xaneiro e xuño de 2013.

- Son un total de 5. A temática é variada.
- Terán unha duración de 2:00 h.
- Están dirixidos aos/ás xóvenes de entre os 14 ata os 35 anos.
- Para obter certificación é preciso participar en 3 dos 5 obradoiros.

As prazas son limitadas.

Lugar de celebración dos obradoiros: Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla)

Hora: 20:00 h.

Venres 15 de febreiro             .

COCIÑA DE SUPERVIVENCIA II

"Aprender a cociñar sen quedar no intento”

Olvídate do microondas e das comidas precociñadas, aquí podes perderlle o medo á sarten e á pota. Trátase dun obradoiro no que poderás adquirir coñecementos básicos para a supervivencia na cociña. Se eres estudante fóra da casa ou tes interese en achegarte á cociña por se en algunha ocasión teso que ser o anfitrión sen papis e mamis na casa, esta é a túa mellor opción.

viernes, 1 de febrero de 2013

XIX Xornadas Arredor da Camelia


A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra organizan as XIX Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo esplendor o día 24 de febreiro na Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.
Estas xornadas enchen de contidos culturais e turísticos os meses de febreiro e marzo con actividades como a Ruta Btt da Camelia, Fotocamelia, roteiros, obradoiros...

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

13º Concurso de Pintura Infantil da camelia

Está aberto o prazo para presentarse ao concurso ata o 11 de febreiro, poderán participar os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

 
Anímate, aínda estás en prazo!!!

Fotocamelia 2013.

Concurso de fotografía

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que se dediquen á fotografía de forma profesional ou afeccionada, que sexan maiores de idade ou menores de 18 anos con autorización dos seus pais ou titores.

 
O tema do concurso será: “A camelia, flor de inverno”. As fotografías presentadas a concurso deberán adaptarse ao tema da convocatoria, e ser tomadas no termo municipal de Vedra. Poderán presentarse ata 3 fotografías por participante.

BASES CONCURSO FOTOCAMELIA
 
O prazo para presentar os traballos remata o 18 de febreiro.

 
Día 24 de febreiro

XIX Xornada arredor da camelia

Este ano volvemos organizar a xornada na Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla e contaremos coas seguintes mostras:

·         Traballo ornamental con camelia: elaborado polas asociacións e parroquias do concello. Igual ca noutras edicións, coa orixinalidade dos participantes crearase un colorido escaparate que terá como único protagonista  a camelia.

·         Mostra de flor: todos os participantes contarán cun espazo mínimo de 1m2 para decorar coas súas camelias. Se desexan entrar a concurso deben identificar un máximo de tres flores dentro da súa composición. Os premios serán obras de arte doadas por Cándido Pazos.

·         Mostra de Centros: elaborados con base de camelia, exporanse todos aqueles que se presenten, tanto se deciden concursar coma se non.

·         Fotocamelia 2013: mostra das fotografías presentadas ao concurso.

·         13º Concurso de Pintura infantil, mostra dos traballos que os nenos e nenas presentaron ao concurso.

·         Escaparate de viveiros e xardíns.

 
As persoas participantes contarán cun agasallo pola súa colaboración.

 

 Programa:

9:00 -12:00 h. Preparación das exposicións

12:30 h. Inauguración da xornada por Don Antonio Crespo Iglesias,       
Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Conselleria  de Medio Rural e do Mar e Director Xeral de AGADER.

13:15 h. Concerto da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla

13:45 h. Viño Galego

17:00 h. Presentacion do libro: Terra, festas e música popular. Pequenas historias      de Vedra de 1891 a 1900. Autor: Henrique Neira Pereira.

18:00 h. Entrega de premios e agasallos de participación.

19:00 h. Concerto: A Gaita de Sarandón – Requinteiros da Ulla.

20:00 h. Clausura e peche das exposicións.

A partir das 16:30 h. E durante toda a tarde contaremos con obradoiros de animación para nenos (inchables, xogos populares, pintura de cara,..)


Día 2 de marzo

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, 11:00h

VISITA GUIADA AO PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA, PARAÍSO SEÑORIAL E MUNDO DE CAMELIAS.

CARLOS RODRÍGUEZ DACAL. Botánico


Esta ruta lévanos a percorrer e descubrir con novos ollos o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla da man de Carlos Rodríguez Dacal, botánico e Catedrático de Ciencias Naturais.

Esta actividade será gratuíta, pero é preciso incribirse no teléfono 981814691 ou no stand da organización durante a xornada do día 24 na Casa da Estación do Tren.

 

Día 7 de marzo

Viveiro de Ortigueira, 16:00h

OBRADOIRO PRÁCTICO DE REPRODUCIÓN, COIDADOS E AGARIMOS DA CAMELIA NO VIVEIRO DE ORTIGUEIRA

Obradoiro impartido polo noso amigo Jose Luís Mogo Otero, viveirista e encargado do Vivieiro de Ortigueira, que nos guiará na reprodución, solución de enfermidades e pragas da camelia dende o punto de vista dun viveirista experto no seu coidado.

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse antes do martes 5 de marzo no teléfono 981814691 ou no stand da organización durante a xornada do día 24 de febreiro.


día 17 de marzo

RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

Deportistas de toda a comunidade terán a oportunidade de participar nesta marcha Btt e percorrer as paraxes vedresas ao tempo que practican o seu deporte favorito.

O percorrido rondará os 40 kms, é cualificado de dificultade media. Partirá do Campo da Festa de Tomonde (situado na parroquia de Sta Cruz de Ribadulla) ás 09.30 h da mañá e estará aberto a todos os públicos.