A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en
colaboración co Concello de Vedra organizan as XIX Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo
esplendor o día 24 de febreiro na Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de
Ribadulla.
Estas xornadas enchen de contidos culturais e
turísticos os meses de febreiro e marzo con actividades como a Ruta Btt da
Camelia, Fotocamelia, roteiros, obradoiros...
PROGRAMA DE
ACTIVIDADES:
13º Concurso de Pintura Infantil da camelia
Está aberto o prazo
para presentarse ao concurso ata o 11 de febreiro, poderán participar os nenos
e nenas de entre 3 e 12 anos.
Anímate, aínda estás
en prazo!!!
Fotocamelia 2013.
Concurso de
fotografía
Poderán participar no concurso
todas aquelas persoas que se dediquen á fotografía de forma profesional ou
afeccionada, que sexan maiores de idade ou menores de 18 anos con autorización
dos seus pais ou titores.
O tema do concurso será: “A camelia, flor
de inverno”. As fotografías presentadas a
concurso deberán adaptarse ao tema da convocatoria, e ser tomadas no termo
municipal de Vedra. Poderán presentarse ata 3 fotografías por participante.
BASES CONCURSO FOTOCAMELIA
O
prazo para presentar os traballos remata o 18 de febreiro.
Día 24 de febreiro
XIX Xornada arredor da camelia
Este ano volvemos organizar a xornada na Estación
de Tren de Santa Cruz de Ribadulla e contaremos coas seguintes mostras:
·
Traballo ornamental con camelia: elaborado polas asociacións e
parroquias do concello. Igual ca noutras edicións, coa orixinalidade dos
participantes crearase un colorido escaparate que terá como único
protagonista a camelia.
·
Mostra de flor: todos os participantes contarán cun espazo
mínimo de 1m2 para decorar coas súas camelias. Se desexan entrar a concurso
deben identificar un máximo de tres flores dentro da súa composición. Os
premios serán obras de arte doadas por Cándido
Pazos.
·
Mostra de Centros: elaborados con base de
camelia, exporanse todos aqueles que se presenten, tanto se deciden concursar
coma se non.
·
Fotocamelia 2013: mostra das fotografías
presentadas ao concurso.
·
13º Concurso de Pintura infantil, mostra dos traballos que os
nenos e nenas presentaron ao concurso.
·
Escaparate de viveiros e xardíns.
As persoas participantes contarán cun agasallo
pola súa colaboración.
12:30 h. Inauguración da xornada por Don Antonio Crespo Iglesias,
Director
Xeral de Desenvolvemento Rural da Conselleria
de Medio Rural e do Mar e Director Xeral de AGADER.
13:15 h. Concerto da Escola de Música de Santa Cruz de
Ribadulla
13:45 h. Viño Galego
17:00 h. Presentacion
do libro: Terra, festas e música popular.
Pequenas historias de Vedra de 1891 a 1900. Autor: Henrique
Neira Pereira.
18:00 h. Entrega de premios e agasallos de participación.
19:00 h. Concerto: A Gaita de Sarandón – Requinteiros da
Ulla.
20:00 h. Clausura e peche das exposicións.
A partir das 16:30 h. E durante toda a tarde
contaremos con obradoiros de animación para nenos (inchables, xogos populares,
pintura de cara,..)
Día 2 de marzo
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, 11:00h
VISITA GUIADA AO PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA, PARAÍSO SEÑORIAL E MUNDO
DE CAMELIAS.
CARLOS RODRÍGUEZ DACAL. Botánico
Esta ruta lévanos a percorrer e descubrir con
novos ollos o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla da man de Carlos Rodríguez Dacal, botánico e Catedrático de Ciencias
Naturais.
Esta actividade será gratuíta, pero é preciso
incribirse no teléfono 981814691 ou no stand da organización durante a xornada
do día 24 na Casa da Estación do Tren.
Día 7 de marzo
Viveiro de Ortigueira, 16:00h
OBRADOIRO PRÁCTICO DE REPRODUCIÓN, COIDADOS E AGARIMOS DA CAMELIA NO
VIVEIRO DE ORTIGUEIRA
Obradoiro impartido polo noso amigo Jose Luís Mogo Otero, viveirista e
encargado do Vivieiro de Ortigueira, que nos guiará na reprodución, solución de
enfermidades e pragas da camelia dende o punto de vista dun viveirista experto
no seu coidado.
As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse
antes do martes 5 de marzo no teléfono 981814691 ou no stand da organización
durante a xornada do día 24 de febreiro.
día 17 de marzo
RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA
Deportistas de toda a comunidade terán a
oportunidade de participar nesta marcha Btt e percorrer as paraxes vedresas ao
tempo que practican o seu deporte favorito.
O percorrido rondará os 40 kms, é cualificado de
dificultade media. Partirá do Campo da Festa de Tomonde (situado na parroquia
de Sta Cruz de Ribadulla) ás 09.30 h da mañá e estará aberto a todos os
públicos.
¿Donde se pode inscribir un?
ResponderEliminar