No mes
de marzo o protagonista é sen dúbida o TEATRO, que coma sempre chegará da man
da Asociación Cultural Papaventos.
Este ano a Mostra de Teatro Amador Teatrofilia cumpre dez anos!!
PROGRAMA:
- Venres 8 de marzo ás 21:15 h: Asociación Cultural San Campio (San Miguel de Sarandón, Vedra) con ”A
tía Asunción vén da Arxentina” e “A diferenza salta á vista” e Tira e Afloxa (S. Pedro de Vilanova,
Vedra) con “Ao pé da lareira” .
- Sábado 9 de marzo ás 21:15 h: Ullán Teatro (Santa Cruz de Rivadulla, Vedra) con “Ghrelos Crest”
- Domingo 10 de marzo ás 16:45 h: Talía Teatro cunha obra infantil e ás 19:15 Talía Teatro con “Pelos
na lingua” (Grupo profesional)
- Venres 15 de marzo ás 21:15 h: Teatro
Avento (Vigo) con “Fantasticks”
- Sábado16 de marzo ás 21:15 h: Grupo de Teatro Coelima de
Guimaraes con “Assim nasceu Pevidém”.
- Domingo 17 de marzo ás 19:15 h: Avelaíña
Teatro (Pontevedra) con “María Castaña”.
- Venres 22 de marzo ás 21:15 h: Aula de Teatro da USC (Santiago de Compostela) con “Agamenón.
Volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo”.
- Sábado 23 de marzo “Gala X aniversario”
- Domingo 24 de marzo ás 16:15 h:
Tarde infantil: Grupo de Teatro da A. C. Cotomanguelo (Orazo); Nenos de San Miguel de Sarandón (Vedra); Tira e Afloxa Cativos.
E ás 19:15 h NNC Teatro (Santiago
de Compostela) con “Pim, Pam, Clown”.
- PREZO DA ENTRADA: 2 €
- PREZO DO BONO: 5 €
No hay comentarios:
Publicar un comentario