Continua ...
TEATROFILIA
2013
Esta fin de semana A Asociación
Cultural Papaventos proponche a seguinte programación no Centro Social da Terceira Idade de
Vedra:
Venres 15 de
marzo:
- Ás 21.15 h. Teatro Avento
(Vigo)
coa obra “Fantasticks”
(TP)
Sábado 16 de
marzo:
- Ás 21.15 h. Grupo de
Teatro Coelima de Guimaraes (Portugal)
coa obra “Assim nasceu
Pevidém” (TP)
Domingo 17 de
marzo:
- Ás 19:15 h. Grupo Avelaiña
Teatro (Pontevedra)
coa obra “María Castaña”
(TP)
O DOMINGO 17 DE MARZO “RUTA
BTT DA CAMELIA”
A Asociación Amigos
da Camelia do Val do Ulla pecha a súa programación das Xornadas Arredor
Camelia este vindeiro domingo 17 de marzo coa Ruta Btt da
Camelia.
Marcha ciclodeportiva que conta con máis de 250
persoas inscritas e que está incluída no calendario da Federación Galega de
Ciclismo.
Entre as persoas
participantes esta proba contará coa presencia e participación do recoñecido
ciclista Ezequiel Mosquera.
A saída da proba efectuarase ás 09.30 h no lugar do
Campo da Festa de Tomonde en Santa Cruz de Ribadulla – Vedra, da man do alcalde
de Vedra e presidente da Asoc. Amigos da Camelia don Carlos Martinez Carrillo e
do Presidente de Federación Galega de Ciclismo.
* A entrega de premios e a realización
dos sorteos terán lugar a partir das 13.30 h. no Campo da Festa de Tomonde.
Anímate a votar unha ollada!!
|
viernes, 15 de marzo de 2013
AXENDA DA FIN DE SEMANA EN VEDRA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario