O programa
consiste en recuperar unha práctica tradicional en Galicia, separando os
residuos orgánicos para elaborar o noso propio abono. O compost xerado por nos mesmos é un fertilizante natural con excelentes
propiedades para o solo e as plantas e ademáis contribúe a:
- reducir o volume de residuos
producidos
- minimizar o uso excesivo de fertilizantes químicos
- reducir a frecuencia de recollida dos
colectores xenéricos por parte dos servizos municipais, e así reducir o
custo da recollida de lixo.
O día 5 de xuño (Día mundial do Medio
Ambiente) na Biblioteca municipal de
Vedra ás 20:00 horas, vaiselle facer entrega dun composteiro a todas as
persoas que xa se inscribiron na anterior campaña.
Se estás
interesado en participar neste programa e facerte co teu composteiro podes
facelo asistindo a esta charla-
coloquio.
Podes solicitar
mais información no teléfono 981 814 691 ou a través do correo casadospeons@concellodevedra.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario