O concello de Vedra forma parte
do territorio que constitúe Área Santiago, grupo de dezaseis concellos da zona
de Santiago de Compostela que traballamos na promoción turística conxunta e que
abrangue o sur da provincia da Coruña e o norte da provincia de Pontevedra,
separadas ambas as dúas polo río Ulla, que fai de fronteira natural.
Precisamente, un dos principais
elementos que definen este territorio é a presenza de dous dos principais
recursos hídricos de Galicia, tanto por caudal coma pola súa riqueza natural,
paisaxística e mesmo cultural: o Sistema Fluvial Ulla-Deza, do que forma parte o
noso concello, e que a delimita polo sur, e o río Tambre e os seus afluentes,
que a demarcan polo norte.
A riqueza piscícola (troitas,
salmóns, lampreas, reos e escalos) conxúgase nestes contornos cunha variada
fauna e flora, composta por plantas e árbores de ribeira e especies acuáticas de
gran vistosidade, pero tamén a existencia dun importante patrimonio descoñecido
de muíños, pesqueiras, represas, sendeiros, etc, de indubidable interese para
viaxeiros interesados no coñecemento do medio natural.
Así, o obxectivo xeral de Área
Santiago é fomentar o aproveitamento turístico dos nosos ríos, a través da
práctica de deportes fluviais: principalmente a pesca (pero tamén o sendeirismo
fluvial - como exemplo o proxecto “Goza do Ulla” que iniciamos fai uns anos-, o
rafting, descenso en kaiak, piragüismo, etc.) e do seu patrimonio natural e
cultural asociado (muíños, represas, pontes, etc.).
Por elo, durante os últimos meses
de 2014 desde Área Santiago vimos traballando na configuración do produto
turístico de pesca fluvial, tanto na información que precisa o visitante
pescador como na formación de sector turístico relacionado, neste caso os
establecementos de turismo rural que actúan como anfitrións.
Neste sentido, a páxina web de
Área Santiago conta xa cunha sección específica de Pesca Fluvial ( www.areasantiago.es/pesca-fluvial
) en tres idiomas (galego, español e inglés) na que os visitantes pescadores
poden atopar información precisa sobre os ríos, as áreas de pesca, a tramitación
de permisos e licencias e os aloxamentos de turismo rural que pola súa
proximidade, as súas características ou o seu cariño ao río, están especialmente
recomendados para os amantes da pesca e o turismo fluvial, aloxamentos todos que
entre finais de 2014 e principios de 2015, mostraron o seu interese por
traballar neste produto turístico vinculado á pesca fluvial, para o que asinaron
o correspondente compromiso de adhesión.
Así mesmo, Área Santiago acaba de
publicar, a primeira guía informativa sobre a pesca fluvial que se edita en
Galicia en clave turística, na que se recollen aspectos de interese para este
tipo de turista pescador, como trámites e permisos, modalidades de pesca,
especies, zonas de pesca recomendadas e informacións prácticas, aloxamentos
adheridos ao proxecto e outras informacións complementarias
Esta primeira
edición da guía, que se actualizará anualmente coincidindo co inicio da
temporada de pesca, estará dispoñible on-line en tres idiomas (galego, español e
inglés) na sección de pesca da web antedita: www.areasantiago.es/pesca-fluvial
Tamén nestes días, Área Santiago
está a levar a cabo o Famtrip/Presstrip de Pesca Fluvial co obxectivo de dar a
coñecer a deportistas de elite, medios especializados e turoperadores as
potencialidades do noso territorio como destino de turismo de pesca fluvial.
Área Santiago trata de fomentar a
práctica deste deporte de río na súa variedade de captura e solta (pesca sen
morte), para para evitar a sobre explotación dos nosos cursos fluviais e a
necesaria sustentabilidade medioambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario