Os días 6 e
7 de xuño tócalle ás DO Rías Baixas, da que forma parte o concello de Vedra na
subzona Ribeira do Ulla, e á DO Ribeiro.
Nas IV
Xornadas poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes na
promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da
campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos
mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou
Valdeorras. Tamén atoparás unha serie de restaurantes onde poderás escoller
entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión.
Realizaranse
tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo, no seguinte horario:
Sábado: ás
11.30h e ás 13.00h / ás 18.30h
Domingo pola
mañá: ás 12.00h
Recoméndase
confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente.
Máis
información:
http://www.turgalicia.es/presentacion-4-xornadas-ruta-dos-vinos?langId=gl_ES
No hay comentarios:
Publicar un comentario