O vindeiro sábado 25 de abril vaise a proxectar en Vedra o documental “Unitarias” que foi gravado a
finais do curso pasado no CRA de Boqueixón – Vedra en concreto na escola de San Xián de Sales
polo que participaron numerosos nenos e nenas desta escola, ademais dos pais e
dos mestres que forman parte do CRA.
O documental narra a experiencia vital e profesional do mestre
José Alberto Sacido Romero e baixo a dirección de Jorge Algora, ‘Unitarias’ analiza o pasado e o presente do ensino nas aldeas
e o papel que xogan as escolas unitarias como símbolo dunha educación
integradora e como ferramentas para o asentamento da poboación no rural.
DATA: 25 de abril
LUGAR: Centro Sociocultural do Burgo
HORA: 20:00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario