Esta acción formativa-informativa
pretende ser unha ferramenta de traballo enfocado a mozos e mozas que teñan
previsto presentar propostas, no marco de programas de educación non formal, e
busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto á redacción e
execución de proxectos.
Esta iniciativa tamén pretenden
potenciar o talento e o liderado xuvenil.
Ademais, este obradoiro busca a
consolidación dos programas de participación xuvenil como actividades de
aprendizaxe non formal que permiten aos participantes desenvolver as súas
capacidades, creatividade e espírito emprendedor, involucrándose na posta en
marcha dos seus propios proxectos.
No obradoiro facilitarase
información sobre os programas Erasmus+, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil
e Galeuropa. O primeiro deles, da Comisión Europea, reflicte tres liñas
diferenciadas de actuación e financiamento: proxectos de mobilidade,
actividades que fomenten a colaboración entre institucións e organizacións xuvenís
co mundo laboral e actividades de apoio ao dialogo entre os mozos e os sistemas
educativos, formativos e as institucións democráticas.
Día: vernes 24 de abril
Hora: 20:00 h.
Lugar: Centro Municipal de Formación (Estación do
Tren de Santa Cruz)
Máis información e inscrición: no Departamento de
Cultura, no Tfno.: 981814691 ou en cultura@concellodevedra.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario