Este luns disputouse a final da copa de futbol sala 2015,
coa que se pon fin a tempada 2014-2015 das competicións de fútbol sala
organizadas no polideportivo municipal polo concello de Vedra.
O equipo vencedor da Copa foi Os Picholeiros, que se impuxo na final por 2 a 0 ao Cervecería la Liga
que foi o subcampión, mentres que o terceiro posto foi para o Guadalupe tras superar no partido polo
terceiro e cuarto posto nos penaltis ao Taberna
do Patio-Café Bar A Senra.
O alcalde Carlos Martínez, nun acto conxunto tamén fixo a
entrega de trofeos aos vencedores da liga 2014-2015, onde o campión foi o Vente Vindo, o segundo clasificado os Hígados Prodigiosos e o terceiro
clasificado o Cervecería la Liga.
Os conxuntos que recibiron trofeo por ser o máis goleador
e o menos goleado foron respectivamente o Vente-Vindo
e os Hígados Prodigiosos e o trofeo
ao equipo máis deportivo foi para o Maloserá.
Así pois péchase a tempada de fútbol sala 2014-2015 e
soamente se queda a espera da disputa do torneo intermunicipal, que este ano se
celebrará en Touro, e onde o equipo que representará ao concello de Vedra será
o Vente Vindo, como vencedor da liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario