O venres 13 de marzo Vedra homenaxeou ao
seu deporte e aos seus e súas deportistas e fixoo cun acto presentado e
conducido pola xornalista vedresa Inés Dopazo e coa intención de principio a
fin de premiar e felicitar a cada unha das persoas que co seu compromiso, o seu
amor e a súa vosa afección e adicación para co deporte, fan que este teña un
oco cada vez maior na historia municipal.
Dende logo foi o momento de botar a vista
atrás e analizar os resultados acadados entre
abril de 2013 e decembro de 2014 (este sería o período valorado)
A gala contou coa presencia dos clubs
deportivos, dos departamentos de deporte dos centros educativos, das asociacións deportivas e tamén culturais e de veciños, das empresas que colaboran sempre na medida
das súas posibilidades, dos familiares e achegados que sufren e fan posible que
os nosos deportistas poidan desenvolver as súas actividade, ...e cunha amplia
representación da corporación municipal.
Pero non nos podemos esquecer do noso convidado de honra, Óscar
Pereiro. Exemplo irrefutable de
compromiso para co deporte e que na xornada de onte se gañou o cariño e
simpatía de todas as persoas presentes e cunha cercanía que a organización lle
agradeceu transmiteu os valores deportivos por excelencia: o compromiso, o
tesón, a confianza, o compañeirismo,... chegando en algún momento a recordar os
seus inicios...
Nesta segunda gala do deporte que deixou
os seguintes gañadores e gañadoras:
Gañadora
da Categoría “Mellor deportista de base
feminina abril 2013 decembro 2014” . Carla Pérez Corral (Club Olímpico de Vedra)
Gañador
da categoría “Mellor deportista de base
masculino abril 2013 decembro 2014” .
Víctor Bouzón García (Club Olímpico de Vedra)
Gañadoras
da categoría “Mellor equipo de base feminino 2013 decembro 2014”: Equipo Benxamín do CEIP Ortigueira
Gañadores categoría “Mellor
equipo de base masculino 2013 decembro
2014”: Equipo infantil Escola Deportiva Val do Ulla
Premio especial do xurado á
mellor contribución ao deporte municipal: Manuel Adolfo Silva Fernández (un
dos momentos máis emotivos e aplaudidos da noite)
Premio especial do xurado á
mellor iniciativa deportiva competivan ou non competitiva orgnaizada no
concello: A Carreira Popular de Vedra
Gañadora
da Categoría “Mellor deportista promesa
feminina abril 2013 decembro 2014”: Alba Gil Crespo (F.S.F. Vedra)
Gañador
da Categoría “Mellor deportista de promesa
masculino abril 2013 decembro 2014”: Anxo Lema Saavedra
Equipo
gañador da Categoría “Mellor equipo
promesa masculino abril 2013 decembro 2014”: Equipo xuvenil da E.D. Val do
Ulla
Premio
especial do xurado á contribución empresearial ao deporte municipal:
Alquimao
S.L.
Ramsa:
rocas, arcillas y minerales S.A.
Grupo
Ulla
Premio
especial do xurado á mellor traxectoria deportiva : José Neira Torres (E.D. val
do Ulla
Gañadora
da categoría “Mellor deportista feminina”: Lorena Sanín Sánchez
Gañador
da categoría “Mellor deportista masculino”: Cristian Ingelmo Rodríguez
Premio
especial do xurado “Lenda do Deporte Galego”: Óscar Pereiro
Dende logo foi unha xornada inesquecible
para todos e todas e quedaron moitas gañas de repetir a experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario