O sábado 14 de marzo terá lugar O campionato Galego de Duatlón Contrareloxo
por equipos, 2º Duatlón Concello de Vedra.
A proba dará comezo as 16:30 e nela
participarán os mellores equipos de galicia. Nesta modalidade, os equipos,
compostos por entre 4 e 6 compoñentes, teñen que percorrer a distancia de 5 km
correndo, 20 km en bicicleta e 2,5 km correndo, coa particularidade de que o
teñen que facer con todos os integrantes xuntos, saíndo cada equipo con unha
separación de un minuto e non podendo seguir a estela unhas escadras doutras. Na
proba, que se prevé unha participación de 40 equipos, o Olímpico de Vedra
contará con representación tanto na categoría masculina como
feminina.
9º DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA
Previamente, na maña do mesmo sábado terá lugar o 9º Duatlón Escolar de
Vedra, que será clasificatorio para o Campionato Provincial en Idade Escolar. A
competición comezará as 11 da mañá coa competición benxamín, para posteriormente
dar paso aos alevíns e infantís e rematar as 12:30 coa proba cadete. Na proba
participarán deportistas de toda a provincia de A Coruña e unha nutrida
representación da escola do club Olímpico de Vedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario