O grupo gozou dun día de verán para a visita guiada ao pazo que culminou cunha degustación de viños e un aperitivo nas bodegas de Pazo de Rubians. Despois do xantar no porto de Vilagarcía visitamos, acompañados dun guía, a Illa de Cortegada.
O xoves anterior, no centro de formación municipal de Vedra, realizouse a charla coloquio sobre os
principais problemas e enfermidade da camelia, impartida por Pedro
Mansilla, responsable da Estación fitopatolóxica do Areeiro e dedicado
á investigación práctica e ao diagnóstico en materia de fitopatoloxía forestal
e agraria. No coloquio participaron máis dunha ducia de persoas, sendo unha
experiencia moi positiva segundo as impresións das persoas asistentes e
complementando a parte formativa das xornadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario