A celebración das III Xornadas de
Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia –que terán lugar as fins de semana
do 31 de maio e 1 de xuño nas Rías Baixas e no Ribeiro e os días 7 e 8 de xuño
en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras– bríndanche a escusa perfecta para non
demorar máis a experiencia de facer unha orixinal viaxe en torno á vide e ao
viño. Tanto en parella como en compañía da túa familia ou dos teus amigos. Por
iso, propoñémosche un paseo entre viñedos.
O Bus do Viño
O sábado 31 de maio sairán
autobuses dende Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo para facer diferentes
visitas pola D.O. Rías Baixas. En cada ruta visitaranse algunhas das adegas
participantes nas Xornadas e o xantar terá lugar nun dos restaurantes adheridos
á promoción.
En todo momento os asistentes
estarán acompañados por un guía turístico. O autobús levará o distintivo das
“III Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia”.
Actividade gratuíta para os
participantes nas III Xornadas (agás o xantar, non incluído). Aforo
limitado.
Máis información e reservas en
986 091 088 ou en info@rutadelvinoriasbaixas.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario