Os Xenerais da Ulla chegaron dacabalo á
praza do Obradoiro para escenificar un típico "atranque" ou
"alto", que serviu de presentación pública do noso entroido
tradicional.
Esta presentación pública na principal praza
de Santiago de Compostela pretendía ser un só un aperitivo dos actos que terán
lugar dende finais de xaneiro e ata mediados de febreiro nos oito concellos
onde se celebra esta festividade tradicional e única no seu xénero, e que por
segunda vez colaboramos na súa promoción conxunta: Boqueixón, A Estrada,
Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vila de Cruces, ademais de Vedra.
Neste proxecto de promoción conxunta
colaboran tamén as Deputacións de A Coruña e de Pontevedra. As dúas deputacións
acolléron sendos actos de presentación do Entroido da Ulla 2013 e sumáronse á
demanda dos nosos concellos para conseguir que o Entroido dos Xenerais sexa
declarado de Interese Turístico.
O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a
primeira metade do s. XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron
na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do
1846 ou as guerras carlistas. Xenerais e correos engalanados conforman a
espectacularidade desta auténtica expresión do Entroido tradicional galego.
Máis información enhttp://www.xeneraisdaulla.com/


No hay comentarios:
Publicar un comentario