BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA
1- Participación:
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que se adiquen á fotografía de forma profesional ou afeccionada, que sexan maiores de idade ou menores de 18 anos con autorización dos seus pais ou titores.
2- Temática:
O tema do concurso será:A camelia: flor de inverno
As fotografías presentadas a concurso deberán adaptarse ao tema da convocatoria, e ser tomadas no termo municipal de Vedra.
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que se adiquen á fotografía de forma profesional ou afeccionada, que sexan maiores de idade ou menores de 18 anos con autorización dos seus pais ou titores.
2- Temática:
O tema do concurso será:A camelia: flor de inverno
As fotografías presentadas a concurso deberán adaptarse ao tema da convocatoria, e ser tomadas no termo municipal de Vedra.
3- Obras a
concurso:
Poderanse presentar ata 3 fotografías por
participante.
As fotografías que se presenten non poderán
ter sido premiadas noutros concursos.
- Só existirá o formato dixital. Admítense fotografías en branco e negro.
- As fotos deberán presentarse en formato JPG, gardado coa calidade máxima.
- O tamaño máximo das imaxes será de 1024 píxeles nas fotografías apaisadas e 768 píxeles para as verticais, nunca superando os 3 Mb. A organización resérvase o dereito a solicitar ás persoas participantes o arquivo fotográfico de maior tamaño.
- As obras presentaranse “a sangue”. Non se admiten marxes, marcos, bordes ou elementos similares.
- Permítese a imprescincible edición dixital incluíndo os parámetros de luminosidade, contraste, saturación, ton-enfoque e balance de brancos.
- Non se poderán engadir ou eliminar elementos que modifiquen a composición orixinal. Permítense nivelados da imaxe de ata un 10%. Non se admiten virados, HDR...
A organización resérvase a posibilidade de
esixir a presentación do arquivo orixinal (RAW, TIFF, JPG,...) para comprobar a
edición da fotografía presentada a concurso.
É responsabilidade das persoas concursantes
que non existan dereitos de terceiros sobre as obras presentadas.
4- Recepción das
fotografías:
As fotografías poderán presentarse dende o
día 28 de xaneiro ata o 18 de febreiro ás 14:00 horas. Todas as fotografías
recibidas fóra deste prazo non participarán no concurso.
Existen dúas maneiras distintas de
presentalas:
- enviándoas por correo electrónico ao enderezo casadospeons@concellodevedra.com
- descargalas directamente no concello, no departamento de Cultura.
As fotografías deben ir acompañadas dos
datos do autor: nome, apelidos, ender ezo, teléfono, e-mail, así como o lugar
do Concello de Vedra onde foran tomadas. Queda baixo a responsabilidade dos
participantes a veracidade dos datos
facilitados, así como a da obra presentada a concurso.
As fotografías presentadas a concurso deben
denominarse da seguinte maneira:
Nome-apelido-apelido-1.jpgNome-apelido-apelido-2.jpg
Nome-apelido-apelido-3.jpg
5- Xurado:
- Haberá un Xurado de Admisión para
comprobar que as fotografías presentadas se axustan ás bases, seleccionando as
obras que serán expostas na XIX Xornada Arredor da Camelia o día 24 de
febreiro.
- Haberá un Xurado Cualificador
composto por profesionais da fotografía.
6- Fallo do Xurado:
Darase a coñecer o domingo 24 de febreiro ás
18:00 horas, na Xornada Arredor da Camelia que terá lugar na Casa da estación
do tren en Santa Cruz de Ribadulla.
7- Premios:
Haberá un único premio que consistirá nunha
cea para dúas persoas nun dos restaurantes do Concello de Vedra. Todos os
participantes neste concurso recibirán un agasallo conmemorativo.
Os participantes, polo feito de inscribirse,
aceptan integramente as bases deste concurso. A participación supón a cesión e
autorización expresa ao Concello de Vedra de todos os dereitos de propiedade
intelectual e de imaxe sobre as fotografías enviadas.
A organización resérvase o dereito de
modificar, eliminar ou agregar calquera punto a estas bases.
Organización e Información:
Concello de Vedra
Avda. Mestre Manuel Gómez Lorenzo,1
15885 Vedra
Telefono: 981814691
vedraconecta.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario