O 6 de novembro de
2012 o Concello de Vedra comezou as actividades do seu Programa … Entretempo de
Outono e fixoo co obradoiro de cociña impartido por Javier Cajaraville Sánchez,
cociñeiro veciño de Vedra , mestre na escola de hostalería de Lamas de Abade e
propietario da Pastelería Carlisa.
25 persoas participaron
desta actividade que tiña como finalidade adaptar a nosa cociña aos nosos
recursos naturais. Deste xeito os protagonistas foron os cogumelos e as
castañas que adornaron as seguintes receitas: “capón estofado con castañas e
setas” e “conexo á cazadora” que foron moi ben acollidas polas asistentes
e que serviron de excusa para que o cociñeiro lles contase moitos outros trucos
e consellos para a elaboración de receitas moi apropiadas para este tempo.
Este programa continuou
o xoves 8 de novembro cun novo obradoiro, esta vez de repostería a cargo de Mª
José Peña Franqueiro e Marina Silva Peña propietarias do “Forno de San Xián”.
Nel deronse a coñecer as doces posibilidades dos productos do outono con base de castañas como as "Filloas recheas de crema de castañas" ou o "Pudin de castañas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario