miércoles, 20 de agosto de 2014
V CONCENTRACIÓN DE ESPANTALLOS
A
Asociación Tira e Afloxa
organiza o sábado 23 de agosto esta singular concentración.
A
partir das 20.00 horas exposición dos espantallos no campo da festa de Vilanova.
Premiaranse os 3 mellores espantallos!
Ao
rematar a novena:
-
Representación
teatral da Asoc. Papaventos coa obra “ A arrincadeira”
-
Musical
dos nenos espantallos de “Tira e Afloxa”
-
A
Asoc. Tira e Aloxa presenta “O reparto do espantallo”
-
Actuación
do Mago XACOBE
martes, 19 de agosto de 2014
Presentación do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT
O Tourist Trophy da Illa de Man pasa por ser
a carreira de motos máis antiga, dura, rápida e perigosa do mundo. A este
fabuloso reto enfrentáronse 28 pilotos españois dende 1914 ata os nosos dias. Abelardo
Rendo ( director dos documentais deportivos Mph Mann e Objetivo TT 3.0 ) e
o escritor e xornalista Juan Pedro de la Torre ( director do portal web Motoworld.es e
da revista Sport-Bike) narran, no libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014
centenario español en el TT, por primeira vez na lingua de Cervantes, a
historia desta mítica carreira e a dos intrépidos pilotos que se atreveron a
desafiar ao Mountain Course.
No marco da 17ª concentración Moteira do
Val do UIlla, organizada polo Motoclube Moteiros Val do Ulla, o vindeiro
sábado 23 de agosto, ás 18:00 hrs. na casa de Cultura de Sta. Cruz de
Rivadulla, farase a presentación deste interesante e curioso libro a cargo
do co-autor e veciño do noso Concello, Abelardo Rendo.
Dende o Concello animamos a tod@s @ veciñ@s
que así o desexen a asistir á presentación do libro El reto de Ellan Vannin,
1914-2014 centenario español en el TT, que pretende ser unha
homenaxe a estes bravos pilotos e que pensamos que todo amante ao motor, sexan
duas ou catro rodas, non deberían perderse.
XVII Concentración moteira Val do Ulla
Os moteiros do Val do Ulla orgnizan un ano maís a súa concentración.
Non a podes perder!!!
Datas: 23 e 24 de agosto
Lugar: Santa Cruz de Ribadulla
Programa de
actividades:
O sábado 23 de agosto:
- A partires das 16 h apertura de inscricións.
- Ás 18.30 h presentación do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT
- Póla tarde actuación acrobática a cargo Nelson Pina e Jaque Stunt. Ás 19.30 h
- No recinto haberá diferentes alternativas de ocio, xogos populares, toro mecánico,…
- Pola noite cea para os participantes e actuación de Dj e gogos.
Haberá festa ata que
o corpo aguante!!
O domingo 24 de agosto:
- Ruta aberta a toda persoa moteira. O grupo sairá arredor das 11 h do recinto habilitado.
- Xantar
- Entrega de trofeos e agradecementos de participación, etc...
martes, 5 de agosto de 2014
BAIXADA DO PICO SACRO
INSCRICIÓN
XVIII EDICIÓN BAIXADA PEDESTRE DO PICO SACRO
O Sábado 22 de agosto ás 18 h
A Asociación de veciños de Vilanova recuperan a baixada pedestre do Pico Sacro.
Fano como era tradición en torno á programación das Festas do Santiaguiño.
A inscrición estará aberta ata o 19 de agosto neste blog / vedraconecta,blogspot.com
Botalle un ollo ao cartel e participa!!
Está pensada para todas as idades !!

miércoles, 23 de julio de 2014
TABERNAS DA ULLA. PASAPORTE
O proxecto “Tabernas da Ulla” está subvencionado no marco
dos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e cofinanciado con Fondos
Feder. Integra
unha rede de 16 establecementos de restauración (bares,
mesóns, restaurantes…) do Concello de Vedra onde se poden atopar as mellores opcións para
desfrutar da gastronomía do noso concello.
Os
establecementos adheridos a esta marca son: Restaurante Villaverde, Restaurante
Roberto, O Cruceiro, O Churrasco de Juanito, Café-Bar A Terraza, Café-Bar
Reviratazas, Café-Bar O Patio, Cafetería Quenllas. Café-Bar Martiño, Taberna Mosqueiro, A Taberna do Ferrador, Café-Bar A
Dorna, Café-Bar Casal de Neira, Cervexería A Liada, Café-Bar O Fogar do Avó e
Bar Barreiro.
Entre as accións previstas por “Tabernas da
Ulla”, destaca: O Pasaporte, que se
ven de presentar o pasado mes e que estará en funcionamento dende o 17 de xullo
ata o 31 de decembro.
Os usuarios do Pasaporte que o presenten
debidamente cumprimentado, e selado por todos os establecementos, terán dereito
a un agasallo seguro ata finalización de stock, a elixir entre: a) Un producto
enogastronómico (botella de viño D.O. Rias Baixas- Subzona Ribeira da Ulla), b)
Unha camiseta de “Tabernas da Ulla”; son premios directos ata finalizacion de
stock. Ademais entrarán no sorteo dunha fin de semana de Hotel Balneario, con
tratamento termal incluído e réxime de media pensión.
Faite co teu pasaporte nos establecementos
adheridos e participa da promoción!!!!!!!!
miércoles, 16 de julio de 2014
Presentación do proxecto “Tabernas da Ulla”
O xoves 17 de xullo ás 12.30 h
na Aula
Gastro-Cultural da Praza de Abastos de Santiago de Compostela,
presentación do proxecto
“Tabernas da Ulla”
Que integra unha rede de establecementos nos que
atoparás as mellores opcións para gozar da gastronomia do Concello de
Vedra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





