O proxecto “Tabernas da Ulla” está subvencionado no marco
dos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e cofinanciado con Fondos
Feder. Integra
unha rede de 16 establecementos de restauración (bares,
mesóns, restaurantes…) do Concello de Vedra onde se poden atopar as mellores opcións para
desfrutar da gastronomía do noso concello.
Os
establecementos adheridos a esta marca son: Restaurante Villaverde, Restaurante
Roberto, O Cruceiro, O Churrasco de Juanito, Café-Bar A Terraza, Café-Bar
Reviratazas, Café-Bar O Patio, Cafetería Quenllas. Café-Bar Martiño, Taberna Mosqueiro, A Taberna do Ferrador, Café-Bar A
Dorna, Café-Bar Casal de Neira, Cervexería A Liada, Café-Bar O Fogar do Avó e
Bar Barreiro.
Entre as accións previstas por “Tabernas da
Ulla”, destaca: O Pasaporte, que se
ven de presentar o pasado mes e que estará en funcionamento dende o 17 de xullo
ata o 31 de decembro.
Os usuarios do Pasaporte que o presenten
debidamente cumprimentado, e selado por todos os establecementos, terán dereito
a un agasallo seguro ata finalización de stock, a elixir entre: a) Un producto
enogastronómico (botella de viño D.O. Rias Baixas- Subzona Ribeira da Ulla), b)
Unha camiseta de “Tabernas da Ulla”; son premios directos ata finalizacion de
stock. Ademais entrarán no sorteo dunha fin de semana de Hotel Balneario, con
tratamento termal incluído e réxime de media pensión.
Faite co teu pasaporte nos establecementos
adheridos e participa da promoción!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario