O Tourist Trophy da Illa de Man pasa por ser
a carreira de motos máis antiga, dura, rápida e perigosa do mundo. A este
fabuloso reto enfrentáronse 28 pilotos españois dende 1914 ata os nosos dias. Abelardo
Rendo ( director dos documentais deportivos Mph Mann e Objetivo TT 3.0 ) e
o escritor e xornalista Juan Pedro de la Torre ( director do portal web Motoworld.es e
da revista Sport-Bike) narran, no libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014
centenario español en el TT, por primeira vez na lingua de Cervantes, a
historia desta mítica carreira e a dos intrépidos pilotos que se atreveron a
desafiar ao Mountain Course.
No marco da 17ª concentración Moteira do
Val do UIlla, organizada polo Motoclube Moteiros Val do Ulla, o vindeiro
sábado 23 de agosto, ás 18:00 hrs. na casa de Cultura de Sta. Cruz de
Rivadulla, farase a presentación deste interesante e curioso libro a cargo
do co-autor e veciño do noso Concello, Abelardo Rendo.
Dende o Concello animamos a tod@s @ veciñ@s
que así o desexen a asistir á presentación do libro El reto de Ellan Vannin,
1914-2014 centenario español en el TT, que pretende ser unha
homenaxe a estes bravos pilotos e que pensamos que todo amante ao motor, sexan
duas ou catro rodas, non deberían perderse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario