viernes, 24 de agosto de 2012

FESTA DE CLAUSURA DOS CURSOS DE NATACIÓN

Este xoves día 30 de agosto, a partir das 16:00 horas na piscina municipal de Vedra, Gran Festa de Clausura dos Cursos de Natación.
Haberá inchables acuáticos, globoflexia, música, xogos,... Achégate ata a piscina e pasa unha tarde diferente!!!!!!!!!!

AXENDA PARA ESTA FIN DE SEMANA.

Vedra ofreceche unha gran variedade de alternativas para desfrutar da fin de semana:

Festas do Santiguiño en San Pedro de Vilanova
XV Concentración Moteira Val do Ulla
III Festa do Chourizo

 Tamen podes alugar unha piragua ou unha barca na Área de Recreo Agronovo (En Santa Cruz de Ribadulla) ou aproveitando que estan limpas, realizar calquera das rutas de sendeirismo que atravesan o noso municipio. Máis información das rutas no enlace:

martes, 21 de agosto de 2012

150 participantes na Ruta de San Xoán da Cova

Este  sábado, día 18,  tocoulle o turno ao Concello de Vedra e case 150 participantes percorreron a ruta de San Xoán da Cova, unha ruta especialmente bonita que transcurre ao longo do río Ulla, dende a Área recreativa de Cubelas ( San Pedro de Sarandón) ata a Capela de Gundían en Ponte Ulla. Ao longo do traxecto contemplamos: a Ponte colgante de Ximonde, recén inaugurada, a Estación Ictiolóxica de Ximonde , a Casa museo da pesca, a Área recreativa de Agronovo, as barcas do Ulla,  o muiño de Reboredo, a antiga ponte do ferrocarril, a nova ponte do AVE, a Vía da Prata, a Capela de Gundián, o mirador, etc, etc.
A saída tivo lugar ás 10.00 h da Área recreativa de Cubelas e ao remate, un autobús trouxonos de novo a este punto.  Achégase foto feita antes da saída con parte dos participantes.
Ao remate da ruta houbo unha comida de confraternidade servida pola pulpería Juan Guerra, na  Área recreativa de Cubelas (punto de saída) na  que participaron 76 persoas das que fixeron a ruta.
A singular beleza das paraxes polas que transcurre a ruta e o bo tempo axudaron a que fose un rotundo éxito.

martes, 14 de agosto de 2012

GOZA DO ULLA: RUTA SAN XOÁN DA COVA


Goza do Ulla é un programa de rutas de sendeirismo que  o Concello de Vedra promove xunto con outros 18 municipios da ribeira do Ulla.

Nesta iniciativa participamos tódolos concellos que temos en común estar bañados polo río Ulla, aproveitando as rutas de sendeirismo que temos preparadas para que quen nos visite poida coñecer e desfrutar do noso territorio. Para iso, organizamos un calendario de rutas, que se extende entre xullo e novembro de 2012 e que abarca os 19 municipios, dende Antas de Ulla (Lugo), lugar onde ten o seu nacemento o río, ata Catoira (Pontevedra), onde desemboca.

viernes, 27 de julio de 2012

GOZA DO ULLA. PRÓXIMAS ETAPAS


TOURO
RIBEIRA DO ULLA
12,8 KM.
5 AGOSTO
www.touroturismo.com
981504029

ARZÚA:
MUIÑOS DE ROQUE - FERVENZA DAS HORTAS
DISTANCIA: 14 KM
11 AGOSTO.
www.concellodearzua.com
981500000

INAUGURACIÓN DA PASARELA DE XIMONDE

NOVO ATRACTIVO TURÍSTICO PARA OS TURISTAS E A VECIÑANZA DE VEDRA
Xa contamos en Vedra cun novo atractivo turístico para desfrutar neste verán, inaugurouse o xoves 26 de xullo unha nova pasarela peonil en Ximonde.
Esta pasarela conta cunha lonxitude de case 100 metros e facilita a unión de ambas marxes do río Ulla, entre Vedra e os nosos veciños da Estrada. Esta ubicada a altura do Couto Salmoneiro de Ximonde onde xa existía unha pasarela que foi derrubada por unha forte riada no inverno do ano 2000.

O Couto de Ximonde conta cunha Estación Ictiolóxica para o estudo da poboación existente de salmón. Nunha estación deste tipo captúranse e analízanse os exemplares de salmón, só existen catro estacions deste tipo en Galicia.

Con este novo equipamento agardamos darlle un impulso o Turimo en Vedra e contamos con verte en Vedra.


+ información

martes, 24 de julio de 2012

HORARIO DO PUNTO LIMPO PARA ESTE VERÁN


NOVO HORARIO DO PUNTO LIMPO
DO CONCELLO DE VEDRA


* OS MARTES       DE 10.00 h a 14.00 h
                           DE 16.00 h a 19.00 h

* OS SÁBADOS     DE 10.00 h a 14.00 h


Desculpen as molestias