NOVO ATRACTIVO TURÍSTICO PARA OS TURISTAS E A VECIÑANZA DE VEDRA
Xa contamos en Vedra cun novo atractivo turístico para desfrutar neste verán, inaugurouse o xoves 26 de xullo unha nova pasarela peonil en Ximonde.
Esta pasarela conta cunha lonxitude de case 100 metros e facilita a unión de ambas marxes do río Ulla, entre Vedra e os nosos veciños da Estrada. Esta ubicada a altura do Couto Salmoneiro de Ximonde onde xa existía unha pasarela que foi derrubada por unha forte riada no inverno do ano 2000.
O Couto de Ximonde conta cunha Estación Ictiolóxica para o estudo da poboación existente de salmón. Nunha estación deste tipo captúranse e analízanse os exemplares de salmón, só existen catro estacions deste tipo en Galicia.
Con este novo equipamento agardamos darlle un impulso o Turimo en Vedra e contamos con verte en Vedra.
+ información
No hay comentarios:
Publicar un comentario