Este
sábado, día 18, tocoulle o turno
ao Concello de Vedra e case 150
participantes percorreron a ruta de San Xoán da Cova, unha ruta
especialmente bonita que transcurre ao longo do río Ulla, dende a Área
recreativa de Cubelas ( San Pedro de Sarandón) ata a Capela de Gundían en Ponte
Ulla. Ao longo do traxecto contemplamos: a Ponte colgante de Ximonde, recén
inaugurada, a Estación Ictiolóxica de Ximonde , a Casa museo da pesca, a Área
recreativa de Agronovo, as barcas do Ulla,
o muiño de Reboredo, a antiga ponte do ferrocarril, a nova ponte do AVE,
a Vía da Prata, a Capela de Gundián, o mirador, etc, etc.
A saída tivo lugar ás 10.00 h da Área
recreativa de Cubelas e ao remate, un autobús trouxonos de novo a este
punto. Achégase foto feita antes da saída
con parte dos participantes.
Ao remate da ruta houbo unha comida
de confraternidade servida pola pulpería Juan Guerra, na Área recreativa de Cubelas (punto de saída)
na que participaron 76 persoas das que
fixeron a ruta.
A singular beleza das paraxes polas
que transcurre a ruta e o bo tempo axudaron a que fose un rotundo éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario