O Concello de Vedra
presenta o programa dunha nova edición da súa Semana da Ciencia, nesta ocasión
a iniciativa ten como temática “O
ano internacional da Enerxía Sostible para todos”.
viernes, 16 de noviembre de 2012
martes, 13 de noviembre de 2012
lunes, 12 de noviembre de 2012
MAGOSTO 2012
A clausura do
programa Entretempo de outono puxoa coma sempre o noso coñecido Magosto na
tarde do pasado sábado día 10 de novembro,l no Centro Sociocultural de Vedra en
torno ás 20:00 horas do serán.
Na degustación de
castañas deste ano contamos cas actuación do grupo de música tradicional Raiolo de San Xián de Sales e da Coral
da 3ª Idade de Vedra que interpretou
uns populares cantos de taberna. Ambos grupos deron o pé para o baile que os
sucedeu no magosto.
CONCURSO DE DOCES
O sábado 10 de novembro desenvolveuse no Magosto Municipal unha nova edición do Concurso de Doces, no que participaron dezaseis persoas.
O xurado composto por:
María Jesús Villaverde Núñez, cociñeira do
Restaurante Villaverde
Henrique Vázquez Martínez, concelleiro de
Cultura e Xuventude do Concello de Vedra.
Conchi Vázquez Gómez, cociñeira no Hospital
Clínico de Santiago.
| 1º PREMIO |
Tiveron a difícil
tarefa de escoller os tres mellores doces.
Os tres salientaron a orixinalidade, laboriosidade, boa presencia e delicioso
sabor de todos os traballos presentados. Aínda así tiveron que elixir tres e
estes foron:
| 2º PREMIO |
-
1º premio para o “Semifrío de Castañas con Salsa de
Noces” de Mª Pilar Mosquera Ferreira.
-
2º premio para a
tarta de “Osiños do Outono” de Cristina Corral Vázquez.
-
3º premio para a “Mouse de Limón con Pasas” de Laura Iglesias Bouzón.
| 3º PREMIO |
Ademais o xurado
decidiu dar dúas mencións máis:
-
A Tarta de Froitas de José Antonio López
-
A Tarta de Castañas de Salóme Mera Souto
SAÍDA MICOLÓXICA
Entre as actividades programadas dentro do Entretempo de
Outono o pasado sábado día 10 de novembro gozamos dunha saída micolóxica.
A cita estaba prevista para as 10:30 da mañan do sabado,
onde as máis de 30 persoas que se inscribiron nesta actividade, acompañadas por
Fernando González Torre (micólogo local) se adentraron nos montes vedreses na
procura de setas.
Nun principio parecía que o tempo non quería
acompañarnos pero o longo da mañan foi abrindo o sol que nos fixo máis
agradable a saída. Entre as variedades atopadas temos boletus, cantharellus, macrolepiotas, níscalos,...
miércoles, 7 de noviembre de 2012
Programa ... Entretempo de Outono no Concello de Vedra
Este programa continuou
o xoves 8 de novembro cun novo obradoiro, esta vez de repostería a cargo de Mª
José Peña Franqueiro e Marina Silva Peña propietarias do “Forno de San Xián”.
Nel deronse a coñecer as doces posibilidades dos productos do outono con base de castañas como as "Filloas recheas de crema de castañas" ou o "Pudin de castañas".
lunes, 5 de noviembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



