viernes, 8 de junio de 2012

LUVAS VERDES. A Limpar Vedra


Dentro da programación de "Luvas Verdes" a próxima cita será o sábado 16 de xuño.

LIMPAR VEDRA será o noso cometido.

Axuda a limpar o lixo das zonas verdes e os vertedoiros incontrolados da túa parroquia.

Toma parte das "Patrullas Verdes" como voluntario ambiental e colabora na limpeza do teu concello.

Reunións no campo da festa de cada parroquia ás 10:00 da mañá. VÉMONOS ALÍ!!!!!!!

Se queres formar dunha patrulla ou obter máis información podes solicitárnola no teléfono 981 814 691 ou no correo electrónico casadospeons@concellodevedra.com.


miércoles, 6 de junio de 2012

OBRADOIRO, CÓMO FALAR EN PÚBLICO?: ESTRATEXIAS PARA COMUNICARSE CON ÉXITO

PROGRAMA DE FORMACION PARA A XUVENTUDE
Venres 15 de xuño                                  .
Ás 20:00 horas
Na Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla
1.Introdución ¿ É IMPOSIBLE NON COMUNICARSE?2.Comunicación verbal
3.Comunicación non verbal
4.A importancia de saber transmitir:¿ Para que sirve a oratoria?
5.A comunicación no grupo
6.A prepración do discurso: Cómo transmitir ideas
7.Comunicación non verbal: xesticulación, voz, movemento.

*Anotate xa, no Departamento de Xuventude do Concello de Vedra ou chamando ó 981814691.

martes, 5 de junio de 2012

LUVAS VERDES. Os escolares de Vedra xa saben reciclar.


O Punto Limpo de Vedra foi o escenario dunha especial “Xincana de reciclaxe” para o alumnado dos centros escolares municipais que, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medioambiente, coñeceron  de primeira man a importancia de reciclar, reutilizar e reducir o lixo en orixe.

O primeira quenda foi as 10:00 da mañá para os  44 nenos dos  cursos de primeiro e segundo de primaria do CPI de Vedra, e a segunda foi para os 38 alumnos do CEIP de Ortigueira dos cursos de infantil e primeiro e segundo de primaria.

Esta actividade forma parte do programa LUVAS VERDES que o concello está a impulsar dende a Concellaría de Medioambiente da que é responsable Margarita Devesa Cardelle.  A programación continúa o día 16 deste mes coa consolidación das “Patrullas Verdes” para saír A LIMPAR VEDRA.

viernes, 1 de junio de 2012

LUVAS VERDES. Xornadas de Portas Abertas no Punto Limpo

Martes 5 de Xuño: DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente teremos unha xornada de portas abertas no PUNTO LIMPO, que consiste en que todos os que queiran ver as instalacións e o funcionamento deste equipamento se poidan acercar ata alí onde se lle resolverán as dudas que se plantexen.

Tanto o CEIP de Ortigueira como o CPI de Vedra xa reservaron plaza para esta actividade que pretende concienciar aos máis novos sobre a importancia de reducir o lixo en orixe.

LUVAS VERDES

Se eres unha persoa concienciada e preocupada polo medio que te arrodea este é o teu programa.


Actividades.


Martes 5 de Xuño: DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente teremos unha xornada de portas abertas no PUNTO LIMPO, que consiste en que todos os que queiran ver as instalacións e o funcionamento deste equipamento se poidan acercar ata alí onde se lle resolverán as dudas que se plantexen.
Tamén se organizan obradoiros para grupos de nenos e nenas con actividades relacionadas co mundo da reciclaxe e da reutilizacion. Para esta actividade é preciso inscribirse chamando ao concello.

Sábado 16 de xuño: A LIMPAR VEDRA.

Saída polos camiños e montes do noso concello para celebrar unha xornada de limpeza do medio. Facemos un chamamento a todos aqueles interesados, ás asociacións de veciños, asociacións de todo tipo e grupos de amigos para que nos axuden nesta campaña de limpeza Verde.

Se estás interesado podes colaborar ou tomar parte das PATRULLAS VERDES de varias formas:
  • Localizando ou inventariando un  lugar ou espazo que estea sendo utilizado de vertedoiro incontrolado e notificándonolo no concello, ou
  • Participando nas PATRULLAS VERDES , como voluntario ambiental e axudando na limpeza destes vertedoiros.
Un vertedoiro incontrolado é un foco de contaminación e de riscos sanitarios, e incluso de incendios. Coa súa limpeza  preténdese minimizar e corrixi-los impactos orixinados permitindo a integración do lugar co seu entorno, e elimina-lo hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo en ditos lugares.
Se queres apuntarte e tomar parte neste programa, ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981814612 ou no enderezo electrónico casadospeons@concellodevedra.com.


CLAUSURA DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS

O xoves 31 de maio celebramos a clausura das actividades municipais en idade escolar.

Primeiro foi o turno dos alumnos e alumnas das clases de inglés que  divididos en catro grupos ofreceron, no salón de actos do Centro socio-cultural de Vedra, unha exhibición dos seus coñecementos en forma de cancións!

A continuación, e xa no pavillón de deportes, presenciamos as exhibicións das actuacións deportivas das disciplinas de karate e patinaxe, que fixeron as delicias do público coas simpáticas coreografías dos máis pequechos e pequechas.

E para rematar a festa ¡Inchables!!

MAIS FOTOS NA PESTAÑA DE FOTOS

25 ANOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO


A Asociación Cultural San Campio ven de celebrar nestes días o seu 25 aniversario cunha ampla programación que encheu de actividades o mes de maio: exposición, descuberta de placa, actuación dos antigos grupos de música e baile....

O día máis importante foi o domingo 13,coa homenaxe a tódalas persoas que desinteresadamente participaron e propiciaron a longa andaina desta xa ben coñecida Asociación de Vedra.

PARABENS SAN CAMPIO!!!!!!!!!!!

Máis fotos no seguinte enlace en no apartado de FOTOS deste blog