Actividades.
Martes 5 de Xuño: DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente teremos unha xornada de portas abertas no PUNTO LIMPO, que consiste en que todos os que queiran ver as instalacións e o funcionamento deste equipamento se poidan acercar ata alí onde se lle resolverán as dudas que se plantexen.
Tamén se organizan obradoiros para grupos de nenos e nenas con actividades relacionadas co mundo da reciclaxe e da reutilizacion. Para esta actividade é preciso inscribirse chamando ao concello.
Sábado 16 de xuño: A LIMPAR VEDRA.
Saída polos camiños e montes do noso concello para celebrar unha xornada de limpeza do medio. Facemos un chamamento a todos aqueles interesados, ás asociacións de veciños, asociacións de todo tipo e grupos de amigos para que nos axuden nesta campaña de limpeza Verde.
Se estás interesado podes colaborar ou tomar parte das PATRULLAS VERDES de varias formas:
- Localizando ou inventariando un lugar ou espazo que estea sendo utilizado de vertedoiro incontrolado e notificándonolo no concello, ou
- Participando nas PATRULLAS VERDES , como voluntario ambiental e axudando na limpeza destes vertedoiros.
Un vertedoiro incontrolado é un foco de contaminación e de riscos sanitarios, e incluso de incendios. Coa súa limpeza preténdese minimizar e corrixi-los impactos orixinados permitindo a integración do lugar co seu entorno, e elimina-lo hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo en ditos lugares.
Se queres apuntarte e tomar parte neste programa, ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981814612 ou no enderezo electrónico casadospeons@concellodevedra.com .
No hay comentarios:
Publicar un comentario