O Punto Limpo de Vedra foi o escenario dunha especial “Xincana de reciclaxe” para o alumnado dos centros escolares municipais que, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medioambiente, coñeceron de primeira man a importancia de reciclar, reutilizar e reducir o lixo en orixe.
O primeira quenda foi as 10:00 da mañá para os 44 nenos dos cursos de primeiro e segundo de primaria do CPI de Vedra, e a segunda foi para os 38 alumnos do CEIP de Ortigueira dos cursos de infantil e primeiro e segundo de primaria.
Esta actividade forma parte do programa LUVAS VERDES que o concello está a impulsar dende a Concellaría de Medioambiente da que é responsable Margarita Devesa Cardelle. A programación continúa o día 16 deste mes coa consolidación das “Patrullas Verdes” para saír A LIMPAR VEDRA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario