Os departamentos de
protocolo, turismo e emprego do Concello de Vedra organizan un “show room” para poñer en valor as potencialidades de
Vedra no sector dos eventos, que terá lugar os días 7 e 8 de novembro no Pazo
de Vista Alegre en Ponte Ulla.
Sendo este un municipio pequeno, de aproximadamente
5100 habitantes, conta cun tecido empresarial ben estruturado e en
aumento, relacionado
co sector de eventos e celebracións. Baixo esta premisa e convencidos do
potencial artístico e emprendedor destes negocios impulsamos esta iniciativa co
obxectivo de servir como escaparate e dar a coñecer estas potencialidades de
Vedra.
Tratarase dun show room ou exposición temporal de empresas relacionadas co sector dos
eventos (vodas, bautizos, aniversarios,…) e dirixida a calquera persoa que estea
planificando ou organizando unha celebración, que vaia de invitado/a ou que
teña interese e curiosidade.
Pretendemos ofrecer unha mostra
aberta e dinámica, un lugar de intercambio de experiencias entre empresarios e
clientes onde coñecer as novidades e produtos das diferentes empresas
expositoras.
Contaremos con florarías, perruquerías, empresas de organización de
eventos, traxes de noiva, traxes de noivo, vestidos de festa, agasallos,
restauración,... todo o necesario para calquera celebración.
Durante toda a fin de semana contaremos con
diversas actividades como actuacións musicais, animacións infantís, e diversas demostracións das empresas
participantes. Tamén o domingo contaremos cun desfile de vestidos de noiva,
traxe de noivo, vestidos de comunión, de cerimonia, de festa,...
Non o podes perder achégate a “Estilando eventos”!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario